Koruña queda ás portas de bater a marca histórica de 1936 tras seis semanas de chuvia ininterrompida. Superamos o diluvio bíblico de Noé, pero o anticiclón decide entrar xusto cando íamos camiño do ouro meteorolóxico.
Dende o pasado 8 de xaneiro, en Koruña non se vive, se sobrevive por debaixo da auga. Llevamos 42 días consecutivos recollendo litros e litros, superando as 40 xornadas de castigo divino que lle caeron a Noé (que, por certo, non tiña que lidiar coa borrasca de turno mentres buscaba aparcamento en Juan Flórez). Pero, como bos koruñeses, cando xa tiñamos a medalla de ouro ao alcance da man, o tempo decide facernos un "Depor en Castalia": competir ben pero quedarnos sen o premio final.
Sempre choveu escampou.... E despois do paso de Pedro chega por fin o Anticiclón das Azores para pasar uns días preto da Koruña para ledicia dos seus cidadáns.
| Primaveira anticipada con aire africano, calima grazas a o Anticiclón |
Segundos no podio do "Eterno Inverno"
O récord absoluto de 1936 (44 días de chuvia) seguirá vixente. A predición da Aemet di que este fin de semana sairá o sol, deixándonos nun meritorio pero amargo segundo posto con 42 ou 43 días (dependendo de se o venres decide "meixar" un pouco por orgullo). Polo menos, podemos dicir que botamos do mapa os 41 días de 2014. ¡Algo é algo!...
O sol chega para os 'Therian' e o Museo
Parece que o astro rei quere facerse socio do Dépor, porque a súa volta coincide coa axenda grande da cidade:
Luz para os 'Therian': os mozos que quedan hoxe en Méndez Núñez para saltar a catro patas poderán facelo sen que se lles mofle a máscara de gato. O quadrobics é moito máis estético sobre herba seca que sobre lama.
Partido soleado no serán do sábado: no Estadio Riazor, no partido do Dépor contra o Eibar, a xente podrá esquecer o paraugas e chubasqueiro para poder ve lo sol despois de moito tempo
Inauguración oficial: o martes, cando Escotet abra o Dépor Museo & Tour, o estadio lucirá mellor que nunca. Menos mal, porque inaugurar un museo con goteiras non sería o mellor xeito de celebrar o 120 aniversario.
¿Onde está o Licor Café cando se necesita?
Dinos a prensa que os koruñeses miramos ao ceo con "hastío". E non é para menos. Despois de pasar un Entroido empapados e de enterrar á sardiña baixo un aviso laranxa, que saia o sol agora parece unha broma pesada de Dona Coresma.
"Xa podería ter saído o martes de Entroido para lucir o disfrace, pero non, ten que saír agora que xa estamos todos coa abstinencia e a lumbago", comentaba hoxe unha veciña mentres gardaba a bota de auga.
O que nos espera (se o tempo non nos engana):
Sábado e Domingo: cero probabilidades de chuvia. O sol brillará por fin sobre a Torre, aínda que as mínimas baixarán ata os 6 graos. ¡Toca sacar o abrigo bo, que o humidade aínda está nos ósos!
A dieta: Despois de 42 días de potaxe e filloas para combater o frío, o sol obriga a quitarnos o abrigo. Moito coidado, que as costuras non perdoan o que o inverno agochou.
¿Crees que deberíamos facer unha manifestación en María Pita para que nos conten as 42 xornadas como récord "moral"?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???