Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

viernes, 20 de febrero de 2026

¿O Entroido non rematara? Méndez Núñez prepárase para a invasión dos 'choqueiros' a catro patas

 Cando a cidade aínda tenta quitar o cheiro a cinza da sardiña e o lacón con grolos comeza a ser un recordo, o fenómeno 'Therian' aterra na Coruña. Este venres, os Xardíns de Méndez Núñez serán o escenario dunha quedada de mozos que se identifican como animais e que, ao parecer, non recibiron o SMS de que Dona Coresma xa manda no calendario.

Koruña é unha cidade que se resiste a quitar a máscara. Se o mércores o Deus Momo ardía en Adormideras dando por rematada a festa, este venres ás 19:30 horas os Xardíns de Méndez Núñez vivirán unha "prórroga" un tanto peculiar. Esquecédevos do disfrace de militar de sobra ou de enfermeira sexy; o que vén agora é o movemento 'Therian'.

¿Identidade animal ou o Entroido?

Para os que anden despistados entre tanta procesión e abstinencia, os 'Therian' son mozos que senten unha conexión espiritual ou psicolóxica cun animal. Pero lonxe de quedar nunha reflexión interna, o colectivo convoca aos seus fieis para practicar quadrobics (saltar e correr a catro patas) e comunicarse mediante gruñidos ou ouveos.

Na Coruña, terra de choqueiros por excelencia, estamos afeitos a ver de todo, pero ver a unha manda de lobos de TikTok facendo flexións xunto á estatua de Curros Enríquez é un nivel de surrealismo que nin o personaxe máis pasado de rosca de Monte Alto podería imaxinar.

Resistencia fronte ao 'hate' e ao calendario

A pesar de que en Lugo o "clima" non foi moi propicio e a quedada cancelouse por ameazas, os 'Therians' herculinos presúmen de bravura. "Non imos cancelar", din nas súas redes. Parece que o aviso laranxa que nos acompañou no Enterro da Sardiña deulle forzas a estes novos "animais" para saír á rúa cando o resto dos mortais xa estamos pensando nas torrixas.


Dende Koruña Rabuña preguntámonos: ¿Será esta a evolución natural do choqueiro coruñés? ¿Pasaremos de vestirnos con mantas vellas a saltar xunqueras a catro patas? O que está claro é que, entre os que marcharos a Uruguai despois do Entroido e os que agora rinchan nos Xardíns, A Coruña non ten tempo para o aburrimento.


Consellos se vas pasear polo Relleno:

  • Se ouves un ouveo: Non é un lobo da Zapateira que baixou a comprar ao Cantón, é un adolescente con moitas horas de TikTok.

  • Se os ves saltar: Non intentes imitalos se tes máis de 20 anos; a túa lumbago non é 'Therian'.

  • O protocolo: Respecto e distancia. Ao final do día, todos levamos un animal dentro... aínda que a maioría só o sacamos cando hai barra libre no Entroido.


¿Crees que o Concello debería incluír os 'Quadrobics' como deporte oficial para o Entroido de 2027? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???