Acomódense nos seus asentos por se houbese algunha dúbida: temos serie para longo. Despois de oito anos asentada no sillón de María Pita, Inés Rey volverá a ser a candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía da Coruña nas eleccións municipais de 2027.
A nova confirmouse este venres despois de que a Comisión Nacional de Ética do partido ratificase a súa designación. E como manda a tradición do aparello, a proclamación foi automática. O regulamento socialista di que se o alcalde quere repetir, e ninguén da militancia xunta o valor suficiente para pedir primarias no prazo establecido, o líder mantense no cartel. Na cidade herculina non se moveu nin un papel. Ningunha alma ousou levantar a man na Agrupación Socialista koruñesa para cuestionar o rumbo, así que a actual alcaldesa recibiu o visto bo sen necesidade de desgastarse nun proceso de debate interno.
Doce anos de proxecto: ¿Continuidade ou prórroga indefinida?
A resolución do partido xustifica a decisión na procura de dar "continuidade ao traballo desenvolvido". Inés Rey amosouse agradecida e declarou que é "unha honra e unha enorme responsabilidade" e que afronta o reto "coa mesma ilusión". Se cumpre as súas expectativas e os votos a acompañan no 2027, a rexedora iríase ata os 12 anos de mandato, sempre que teña o apoio do BNG para gobernar sen ser a candidatura mais votada.
Cando un gobernante se postula para acadar unha década longa no poder, a fronteira entre a estabilidade e o estancamento tórnase moi fina. Para os defensores da alcaldesa, catro anos máis son a oportunidade de ver rematadas grandes obras estruturais como a Estación Intermodal ou o desenvolvemento definitivo da Cidade das TIC. Para os seus detractores, en cambio, a idea dun terceiro mandato soa a perpetuar unha folla de ruta que hoxe en día avanza a base de prórrogas: co contrato do lixo de Nostián en punto morto tras quedar deserto, o transporte en autobús sen unha renovación profunda e o mantemento dos polideportivos de barrio xerando constantes queixas cidadás.
O verán da calma interna
A proclamación chega xusto a tempo para que o Goberno local poida afrontar a tempada estival sen o balbordo das disputas orgánicas dentro do partido. Coa designación asinada e selada polas altas esferas de Santiago e Madrid, Inés Rey ten as mans ceibas para deseñar a estratexia da futura campaña de 2027 sen mirar de reollo o que fan os seus propios compañeiros de filas.
A maquinaria electoral xa está en marcha. Mentres a alcaldesa se prepara para revalidar a confianza dos koruñeses argumentando que o seu proxecto aínda ten moito que ofrecer, a cidade afronta un ano clave onde a xestión do día a día —e non os movementos de despacho— ditará se o electorado merca catro anos máis de continuidade ou se decide que oito anos xa foron máis ca suficientes. ¡A carreira cara o 2027 acaba de comezar!
Doce anos de María Pita: a proclamación automática da mediocridade e os proxectos pantasma
Sen primarias, sen debate e sen que ninguén na agrupación local tivese o valor de tusirle. Di a alcaldesa que asume o reto "coa mesma ilusión". O problema é que os coruñeses afrontamos a posibilidade de que chegue aos 12 anos no poder cunha mestura de frustración e realismo: a confirmación de que a mediocridade se quere perpetuar en María Pita.
O seu relato de "continuidade e progreso" choca frontalmente cunha folla de ruta baleira de grandes ideas, carente de ambición e marcada por fiascos históricos e un día a día nos xulgados e nos medios que dista moito da idílica Koruña que nos queren vender.
O gran engano do Mundial: O proxecto que naceu morto
Se hai un fito que define a falta de peso político e de xestión deste Goberno, ese foi o ridículo histórico da candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol. Venderon o proxecto a bombo e prato como o gran eixo desta lexislatura. Inés Rey cansounde saír nos medios de comunicación anunciando ampliacións do estadio e prometendo unha proxección internacional sen precedentes que ademaís deixarían una pegada permanente na cidade.
| O traballo de Inés Rey para a sede do Mundial de 2030 limitouse a declaracións con promesas que só foron fume. |
¿A realidade? Un proxecto que naceu morto porque o Concello non fixo absolutamente nada máis que facerse a foto. Cando chegou a hora da verdade, de poñer os avais sobre a mesa e demostrar xestión real, o castelo de naipes caeu e a cidade tivo que retirarse pola porta de atrás. Un engano masivo aos coruñeses para tapar que detrás da propaganda non había nin plan, nin orzamento, nin ambición.
Obras eternas e proxectos herdados sen rematar
Analizar o urbanismo de Inés Rey é viaxar polo reino da lentitude e do formigón sen xeito nin ton. Os dous grandes proxectos estratéxicos que hoxe se executan na cidade son herdanzas directas de administracións anteriores: a reforma da Avenida de Lavedra (Alfonso Molina); a nova Estación Intermodal; a Cidade das TIC e a ampliación do CHUAC. Dous lavadoiros de cara que o actual Executivo foi incapaz de axilizar ou liderar con firmeza despois de oito anos.
| Toneladas de cemento forman parte del proyecto más importante de Inés Rey |
A isto súmease o abandono dos barrios; a percepción da pouca limpeza da cidade e o aumento da violencia e inseguridade con zonas onde os veciños ten medo dos narcos e okupas organizados. En resume, a Koruña parece que caer nun estado de abandono.
Un palacio municipal baixo a sombra do acoso e as denuncias
Pero o verdadeiro desgaste da rexedora non está só no asfalto ou nos estadios que perde, senón no interior do propio pazo municipal. Detrás dos discursos de cara á galería, a convivencia interna en María Pita bate récords de tensión.
O mandato de Inés Rey pasará á historia polas gravísimas denuncias de acoso presentadas polos seus propios compañeiros de partido e por funcionarios do Concello. Unha crise interna constante que amosa unha alarmante falta de liderado democrático e de capacidade para xestionar o capital humano da torre de mando coruñesa. Se un alcalde non é quen de manter a paz social e o respecto dentro do seu propio equipo de traballo, ¿como vai xestionar os problemas dunha cidade de 250.000 habitantes?
A carreira cara ao 2027 comeza así: cunha alcaldesa que fuxe das primarias para non render contas, que nos deixou sen Mundial por pura incompetencia, que asfalta os Cantones sen criterio e que goberna entre denuncias internas de acoso. Oito anos foron máis ca suficientes para coñecer o teito de Inés Rey. Se o PSdeG quere catro anos máis de parálise automática, os koruñeses terán a última palabra para decidir se premian a mediocridade ou esixen, por fin, alguén con ambición real.
A rúa dita sentenza: O clamor dos lectores bota máis lume que a vaga de calor
Para comprobar o grao de "ilusión" e "honra" que esperta esta candidatura automática entre os coruñeses, só hai que dar unha volta polas seccións de comentarios de La Voz de Galicia. Alí, a cidadanía real despexou calquera dúbida sobre a pax romana que quere vender o aparello do partido. O ruxerruxe da rúa é unánime: suspendo maiúsculo á xestión.
Os lectores non mercan o discurso oficial e resumen o sentir dos barrios en catro grandes verdades:
O pacto de despacho e as eleccións perdidas: Varios lectores, como ggho8889 e gnza-1344747456, lembran que Inés Rey "perdeu todas as eleccións municipais ás que se presentou" e que só mantén o bastón de mando por "un chanchullo a dúas bandas co BNG". Outros directamente propoñen, con retranca, que vaian xuntos en coalición electoral para "non enganar aos votantes".
Koruña fóra do centro: cemento, lixo e barrios abandonados: o malestar co urbanismo de "postureo" e o abandono periférico centra as maiores críticas. O usuario cisc1231689280 cualifica a Inés Rey como "a peor alcaldesa que pasou por María Pita" por dedicarse a "poñer cemento e favorecer ás terrazas en prexuízo do descanso dos veciños". Un descontento que apoia psoe TRAIDOR ao definir a reforma de Los Cantones e La Marina como "unha merda pinchada nun pau" mentres as aceras dos barrios están esnaquizada e cheas de sucidade.
Servizos públicos en parada cardíaca: co termómetro asfixiando á cidade, agel1756 pon o dedo na chaga coa falta de previsión: "¡Como é posible que só haxa autobuses urbanos ata as 22:50 horas? O transporte é un desastre e estamos sen fontes en plena vaga de calor, coas poucas que hai caéndose a cachos". A escuridade nocturna polas rúas e a falta de mantemento tamén levan o seu: fjcr lamenta que a cidade estea "máis sucia que nunca e en penumbra por antepoñer a axenda 2030 ao benestar", engadindo que dende a época de Paco Vázquez a cidade quedou "orfá".
Inseguridade, impostos e o "Game Over": para moitos, a paciencia esgotouse. Comentarios como o de María González Voz Libre resumen a situación cun rotundo "Máis sanchismo non, por favor. Koruña non soporta outros catro anos de inseguridade, impostos desorbitados e contratos de servizos caducados". O vaticinio final corre a conta de jsem922813936: "Vas levar un batacazo que vai ser sonado, cariño. Game over".
Queda claro que mentres a Comisión de Ética do partido asina prórrogas automáticas nos despachos, a rúa coruñesa ten o seu propio veredicto preparado. O "sentidiño nas urnas" que piden os lectores promete ser o verdadeiro exame para unha alcaldesa que busca eternizarse no cargo mentres a cidade real suspira por alguén que, simplemente, faga que as cousas funcionen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???