Resulta fascinante comprobar como funciona a memoria en segundo que vento sopre polos despachos. De súpeto, La Voz de Galicia descobre este 1 de agosto de 2026 que o legado de Francisco Vázquez —quen gobernou Koruña durante case 23 anos (1983-2006)— está cheo de "fendas", "obras desfasadas" e "proxectos frustrados".
Durante máis de dúas décadas, cando o vazquismo pagaba as páxinas de publicidade institucional e mandaba coa súa incontestable liña dura en María Pita, o xornal de Cuatro Caminos só tiña halagos, portadas de gabanza e aplausos para a "gran metamorfose da cidade". Hoxe, vinte anos despois, queimar a efigie de Paco Vázquez parece saír gratis... ou quizais responda a que agora quen paga e manda na praza é outra alcaldesa, á que non lle vén nada mal que se desmonte o mito do seu antecesor mentres ela xustifica a súa propia falla de investimentos de calado e non para de borrar a pegada do Vazquismo por toda a cidade (incluso o metrosidero que plantou Vázquez nos Cantones para celebrar o incio do milenio).
Pero, máis alá do interese editorial de turno, que hai de certo nas "grietas" do vazquismo e que hai de pura desidia municipal acumulada durante vinte anos?
O Paseo Marítimo, os Museos e o Tranvía: cando a vangarda morre por falta de mantemento
![]() |
| Paco Vázquez 25 anos despois da inauguración do Millennium, foto de El Ideal Gallego |
Ninguén pode negar o evidente: Francisco Vázquez transformou Koruña de arriba a abaixo. Pasou dunha urbe vivindo de costas ao Atlántico a presumir do paseo marítimo urbano máis longo de Europa. Creou unha rede de Museos Científicos —a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae— que foi pioneira e referente en toda España, ao tempo que levantaba a gran rede cultural e de lecer da cidade: o Coliseum, PALEXCO, Expo Coruña, o Palacio da Ópera, o Fórum Metropolitano, o Ágora, o Estadio de Riazor remodelado ou a Casa do Auga, xunto á rede de bibliotecas municipais, polideportivos de barrio e o nacemento da Orquestra Sinfónica de Galicia. E, para coronar aquela reconexión co litoral, trouxo o tranvía.
A súa pegada urbanística foi moito máis alá da liña de costa: impulsou grandes arterias de comunicación como a Tercera Ronda para desconxestionar os accesos á cidade, peonalizou e pechou ao tráfico a Praza de María Pita coa construción do seu túnel subterráneo, inpulsou o aeroporto, iniciuo a maior revolucón urbanística sendo o promotor do Porto de Langosteira, e multiplicou os espazos verdes e prazas por toda a mapa herculina —dende o Parque de San Pedro ou o Parque de Eirís ata a remodelación de prazas históricas como a Praza de Pontevedra, a Praza de Vigo ou a Praza de Lugo—.
Sen embargo, o paso do tempo e, sobre todo, a absoluta falta de mantemento e desenvolvemento polos gobernos que o sucederon (Losada, Negreira, Ferreiro e Inés Rey) foron apagando aquela luz:
O Paseo Marítimo e os seus símbolos: non só é que o paseo se detivese e nunca chegase a estenderse pola área metropolitana (cara a Arteixo por un lado ou cara ás Xubias polo outro). É que a falta de coidado básico fixo que se perdesen incluso as farolas orixinais de deseño en Riazor e Orzán.
O Millennium: nado para ser o faro do século XXI con restaurante panorámico, o seu interior foi destruído polo primeiro gran temporal e nunca se recuperou. Hoxe, o obelisco de cristal volta acender a súa luz pola noite despous de 11 anos apagado, pero por dentro é un espazo de abandono, coas estruturas oxidadas e servindo de refuxio sen condicións para persoas sen fogar.
![]() |
| O mar tira abaixo todas as barreras que pechan os baixos do Millenium. |
O Tranvía no caixón: vexetou como un capricho turístico cando nacera coa ambición de ser o embrión do metro lixeiro da Gran Coruña. Levantáronse as vías, abandonáronse os vagóns en cocheras e hoxe, ironías da vida, a cidade chora por liñas de proximidades e trens de liña lixeira mentres sepultou a infraestrutura que xa tiña.
Os Museos Científicos en punto morto: a Domus cobre hoxe a súa fachada cunha rede de protección pola caída das lousas de granito. Con contidos tecnoloxicamente desfasados, ningún goberno posterior continuou aquela liña de ampliar a rede con novos centros expositivos.
![]() |
| Os contidos dos museos científicos tiveron certa gracia nos primeiros anos. Hoxe os cativos dos noventa os visitan de cando en cando por nostalxia para recordar lo que viron fai máis de 20 anos. |
Instalacións culturais abandonadas: Ágora, Fórum Metropolitano, Fundación Luis Seoane... non teñen inversións para facer actvidades de calidade, en gran cantidade e variada cada ano.
A Orquestra Sinfónica sen rumbo: o "xoiel da corona" que hoxe pide auga. Se hai un proxecto que resuma a ambición do vazquismo e o abandono posterior, esa é a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG). Fundada en 1992, nun tempo récord situou Koruña no mapa musical europeo como un auténtico milagre cultural.
Pero a sangría do patrimonio cultural vai máis alá da orquestra. Polo camiño da desidia ou da falta de consolidación foron quedando grandes eventos de prestixio internacional:
O Festival Mozart: o gran referente da música culta e a ópera no noroeste peninsular, polo que pasaron os mellores solistas do mundo, acabou desmantelado e cancelado en 2012 tras 15 edicións pola falta de apoio orzamentario e cambios de criterio político-
O Festival de Música Celta: Unha aposta que pretendía converter a cidade nun epicentro atlántico de son tradicional e folk que, tras unhas poucas edicións sen continuidade nin estratexia clara, rematou metida nun caixón.
Grandes figuras de la música del Pop y do Rock: Ramones (1981), Tina Turner, Prince (1990); Elton John, Frank Sinatra (1992); Concierto dos Mil Anos (Bob Dylan, Sting, The Kinks , Robert Plant (1993)); The Cure (1998); Iron Maiden (2003))
O Monte de San Pedro: o gran parque sen ambición nin futuro
O caso do Monte de San Pedro é o mellor exemplo de como unha gran idea quedou reducida á mínima expresión. A súa recuperación como parque urbano foi un éxito, pero os proxectos orixinais foron mutilados:
O museo militar que nunca foi: tiña que aproveitar as históricas instalacións da batería costeira para crear un gran centro de interpretación (incluso se falou de recrear os disparos dos enormes cañóns con realidade aumentada). O éxito de recreacións históricas da II Guerra Mundial neste parque amosa o interés do púbico por este tipo de exposicións miltares.
![]() |
| Parte das instalacións militares do Monte de San Pedro permanecen pechadas e sen ser musealizadas despois de que o foran no inicio do parque. |
A Casa das Plantas: outro gran museo científico botánico que quedou esquecido no caixón do esquecemento.
A Cúpula Atlántica: abandonada e pechada durante anos, amosando a súa impoñente mirada ao mar só cando a iniciativa privada (como a celebración do 50º aniversario de Inditex no 2025) a volveu abrir e poñer a punto para o verán.
O Ascensor Panorámico: unha atracción espectacular que sufriu o mal endemic da xestión pública: averías continuas, un déficit inasumible e un mantemento deficiente que rematou coa decisión de hoxe: clausuralo definitivamente e convertelo nun simple mirador fixo.
Fracasos urbanísticos e a reconversión de proxectos: Do 'Ofimático' a Palexco
La Voz sinala con razón os erros de deseño en proxectos como o Parque Ofimático. Aquela idea de facer un distrito de negocios de estilo anglosaxón con rañaceos corporativos rematou, tras decenios de expropiacións polémicas e preitos cos propietarios, reconvertido no barrio residencial de Xuxán.
O mesmo pódese dicir de Palexco e o centro de ocio do Porto —un fracaso comercial que tapou as vistas ao mar e acabou reconvertido en oficinas de coworking— ou da decadencia de recintos como Expocoruña e os centros comerciais de finais dos 90 (como Los Rosales), hoxe desbordados polos novos hábitos de consumo.
Conclusión: 23 anos de vazquismo... e 20 anos de arranxos sen alma
É fácil botar a culpa a Paco Vázquez das fendas dos seus edificios vinte anos despois de que deixase o despacho de María Pita. Pero a pregunta que non fai La Voz de Galicia é outra: Que fixeron os seus sucesores?
Dende o 2006, Koruña viviu de rendas. Ningún alcalde ou alcaldesa tivo o carisma, a autoridade política nin a visión de futuro para propor un só proxecto transformador da magnitude dos que se executaron nos anos 80 e 90. A cidade limitouse a facer un mantemento de supervivencia (e moitas veces nin iso), a poñer parches, a peonalizar algunhas rúas e a deixar que a herdanza se fose desmoronando por inercia.
Paco Vázquez puido ter grandes erros urbanísticos, entre eles, destrozar patrimonio histórico, e excesos de ego, pero tiña unha idea de cidade. O problema da Koruña actual non son só as fendas do vasquismo; o verdadeiro problema é que, vinte anos despois, a cidade está gobernada por xestores de brocha fina que critican o pasado mentres son incapaces de deseñar o futuro.
O tribunal dos lectores: 'La Voz' reabre o debate sobre Paco Vázquez e A Coruña ferve nos comentarios
O recente informe de La Voz de Galicia analizando as "fendas" do legado de Francisco Vázquez desatou unha auténtica marejada de opinións. Máis de catro décadas despois da súa chegada ao poder en María Pita (1983) e a vinte anos da súa marcha, o vazquismo segue sendo a liña de fenda que divide á opinión pública coruñesa.
Basta con asomarse ao foro de lectores do xornal para comprobar que a cidade non ten unha postura única: entre a nostalxia dunha época de desenvolvemento sen precedentes, o resentimento polas sombras urbanísticas e o desacordo sobre a xestión de Inés Rey, Koruña xoga ao seu propio tribunal popular.
En Koruña Rabuña analizamos as catro grandes liñas de pensamento que se enfrontan neste debate cotián.
1. O orgullo do "Coruñesismo" e a falta de ambición actual
(A postura de lectores como Aleph ou Robin)
Existe un sector amplo de cidadáns que, sen ocultar que houbo erros, defende a capacidade de Vázquez para poñer a cidade no mapa. Argumentan que o alcalde-faraón tiña unha visión de estado e que a cidade debeulle a súa maior transformación histórica.
Aleph: «Fue una época en la que la ciudad se transformó con sus aciertos y errores. Con Vázquez nació el coruñesismo después de luchar por la defensa de la capitalidad y con su marcha podemos decir que murió. El resto de los gobiernos han sido muy mediocres y se han limitado a rellenar el expediente... Os faltó en la lista la creación de infraestructuras muy importantes como la Tercera Ronda y el Puerto Exterior [...], la creación de barrios como Nuevo Mesoiro e Los Rosales, además de darle un impulso definitivo al Aeropuerto de Alvedro. Quita a Vázquez y hoy Coruña sería otra, quita al resto de los que le sucedieron y daría igual».
Para este perfil de lector, elementos como o Paseo Marítimo, a rede de Museos Científicos ou os accesos foron a base sobre a que viviu A Coruña nos últimos 20 anos. O problema, sosteñen, non foi a obra orixinal, senón a falta de mantemento e a falta de proxectos punteiros dos gobernos que o sucederon.
2. A crítica ao modelo "faraónico", as expropiacións e o coche
(A postura de lectores como efecto2000, fnis-2051822768 ou ffccrr)
Na outra beira atópanse os críticos que consideran que a modernización do vasquismo foi un mero "escaparate de formigón" que primou o vehículo privado, as constructoras e un modelo urbanístico agresivo en detrimento dos barrios interiores.
O urbanismo e as expropiacións: Lembran episodios convulsos como as expropiacións de Someso —que derivaron en fortes indemnizacións públicas anos despois— ou a creación de barriadas sen servizos suficientes nos seus inicios.
A herdanza dos aparcamientos: Criticase a prolífica construción de aparcamientos subterráneos no centro (algúns con prazas hoxe obsoletas polo tamaño dos coches actuais) mentres se deixaba morrer o transporte público ou se desmantelaba o tranvía.
Proxectos errados: Sinalan os fracasos comerciais de Palexco, o centro de ocio do Porto ou os problemas de filtracións e acústica inicial do Palacio da Ópera.
3. É falta de calidade orixinal ou falta de mantemento?
(O choque entre Bolcho, Galera47 e Jvi_28888)
Un dos puntos máis acalorados do debate xira arredor de por que o patrimonio público amosa hoxe un aspecto deteriorado (como a fachada protexida da Domus, o ascensor pechado do Monte de San Pedro ou o interior do Millennium).
A tese do abandono institucional: Lectores como Bolcho ou Galera47 sosteñen que calquera obra se desmorona se non se lle invirte diñeiro durante vinte anos. Poñen como exemplo a Cúpula do Monte de San Pedro, pechada durante anos e recuperada puntualmente para eventos privados. "O que falta é xente preparada e con ideas. As cousas hai que mantelas", protestan.
A tese do erro orixinal e a mellora de barrios: Noutra liña, usuarios como Jvi_28888 insisten en que o modelo de Vázquez foi superficial: "Fixo un cascarón arredor, pero as centos de rúas interiores onde vive a xente metían medo", defendendo que a xestión actual de Inés Rey se está a centrar en humanizar as rúas dos barrios (como San Andrés, Peruleiro ou a Rúa Barcelona) e non só o litoral.
4. O papel dos medios: Memoria selectiva e oportunidade política
(A postura de lectores como teki9626, crca9421 ou MileyEspañol)
Por último, moitos lectores non deixan pasar por alto a viraxe editorial do propio xornal. Varios usuarios lembran como La Voz de Galicia foi o gran voceiro das políticas de Vázquez durante os seus 23 anos de mandato, mentres que hoxe publica análises severas sobre a súa herdanza.
Mentres algúns acusan á prensa de facer "memoria selectiva" para favorecer a narración do goberno local actual, outros ven nesta revisión unha lectura histórica necesaria sobre unha figura que, co paso do tempo, foise afastando da liña oficial do seu propio partido.
Un legado que segue sen substituto
O debate dos lectores deixa en evidencia unha realidade: Paco Vázquez segue sendo a gran figura de referencia —para ben e para mal— do urbanismo koruñés.
Que dúas décadas despois da súa marcha a cidadanía siga discutindo con tanta paixón sobre os seus acertos e os seus erros demostra que ningún dos gobernos posteriores logrou construír un relato ou un modelo de cidade con tanta forza. Con fendas de mantemento ou con fendas de deseño, Koruña segue vivindo e discutindo sobre a maqueta que se deseñou nos anos 80, 90 e os 2000.




No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???