Hai escenas que che quedan gravadas a lume na retina e que fan que se che revolvan as tripas. Ocorreu hai unhas horas nunha rúa calquera de Culleredo. Á altura dos pés, un movemento rápido. A dúbida inicial de se era un gato descarriado e, de súpeto, o golpe seco contra a realidade: un xabato bebé, un raio de apenas un par de quilos, correndo aterrorizado a un palmo dos transeúntes.
O pobre animalillo, completamente fóra de si, dabase de cabezadas contra os cristais dos portais tentando buscar unha saída que non existe no asfalto. Segundos despois, a súa silueta perdeuse rúa abaixo, condenado a acabar esmagado baixo as rodas de calquera coche.
Para quen viu esa escena é imposible non facerse a pregunta: onde demo está a súa nai?
Unha orde oficial para exterminar nai e crías sen límite
A resposta non hai que buscala no azar, senón nos despachos da Xunta de Galicia. Baixo o parapeto burocrático da "declaración de emerxencia cinexética", o goberno autonómico vén de asinar un auténtico cheque en branco para a matanza indiscriminada.
| Foto de El Economista |
E atención ás letras pequenas da resolución, porque non teñen un pase nin dende a ética máis elemental: a Xunta non só autoriza a caza sen límite de exemplares nin de sexos, senón que permite explicitamente abatir a crías e a sufocar a balazos a hembras seguidas de crías (iso sí, coa "autorización previa", que queda moi técnico no papel).
Non se trata só de xestionar a fauna; tratase dunha cacería sen piedade onde todo vale: miras nocturnas con amplificador electrónico, cebadoiros con gran e esperas a calquera hora. Todo xustificado pola peste porcina, os danos agrícolas e os accidentes de tráfico.
Pero por moita retórica legal que lle poñan, a realidade no terreo é esta: un bebé do tamaño dun gato fuxindo en pánico pola rúa porque á súa nai lle meteron un tiro na frase anterior.
Solucións de pólvora para problemas de cidade
A propia Federación Galega de Caza recoñece que a medida ten "moitos matices" e que hai que articular outras vías, sobre todo no contorno das cidades e estradas. Porque matar por matar non resolve que a fauna se achegue á procura de comida; o único que consegue é desfacer familias enteras de animais, encher os montes de sangue e deixar cachorros orfos e aterrorizados vagando polos portais da comarca.
Cazadores cos xabaríns abatidos. Foto de La Voz de Galicia
¿Cando se converteu a crueldade nun protocolo de xestión ambiental? ¿Ata cando imos mirar para outro lado mentres se permite a barbarie de masacrar crianzas?
Hoxe en Culleredo quedounos o corazón encoxido. A quen asinou esa resolución dende o seu despacho de Santiago seguro que non se lle pasa o sono pensando no xabato que se daba de cabezadas contra os cristais. A nós, dende logo, si.
| Cría cazada en Barcelona. Foto de PACMA |
Plan de Exterminio Total: A "solución de combate" para borrar do mapa a unha especie
Cando se analizan as cifras e a frialdade do discurso oficial, xa non queda marxe para a dúbida: non estamos ante un plan de xestión nin de equilibrio ambiental, senón ante un exterminio sistemático e programado. Galicia atópase no medio dunha auténtica guerra de desgaste contra o xabaril, un proceso de aniquilación a grande escala que lembra aos episodios máis escuros de persecución e eliminación de especies que o ser humano levou a cabo ao longo da historia.
| Cacería de 90 jabalíes en la Finca de Cilleros. Foto de El País. |
57.000 baixas en tres anos... e a orde é seguir disparando
Os números que manexa a propia Consellería de Medio Ambiente son arrepiantes. Nun período de tres anos foron abatidos en Galicia case 57.000 xabarís (máis de 20.000 só na última tempada). Unha cifra astronómica que equivale a baleirar cidades enteiras e que, por moito sangue que se derrame no monte, a administración considera "insuficiente".
A linguaxe utilizada pola propia directora xeral de Patrimonio Natural non deixa espazo para o disimulo nin para a ética: a consigna oficial e única filosofía fronte ao animal é "abatir o capturar sin límite de ejemplares". É a xustificación da barbarie en estado puro: estender a emerxencia cinexética ao 83% dos concellos galegos (260 de 313) para converter o monte nun campo de tiro permanente onde todo vale.
Trapas, eutanasa en masa e "agradecementos" aos cazadores
O cinismo do protocolo roza o esperpento cando se trata dos contornos periurbanos e das rotondas das cidades. Como nestas zonas non se poden dar tiros ao uso por risco de darlle a un veciño, a Xunta desprega xaiolas trampa, ceba aos animais e faino coa condición de que sexan os propios concellos os que contraten a un veterinario para executar a eutanasa en masa do animal e xestionar o cadáver.
E por se quedaba algunha dúbida sobre quen sostén este modelo, a propia administración non dubida en «agradecer infinitamente» a colaboración dos cazadores, recoñecendo abertamente que «sin ellos, tendríamos que contratar a unos profesionales que saliesen al monte a matar». Unha confesión en toda regra: utilízase á cuadrilla de fin de semana como mercenarios de balde para facer o traballo sucio que a administración non quere pagar nin asumir.
A incompetencia de Audasa e o pretexto dos cartos
Mentres se financia a masacre, a concesionaria da AP-9 (Audasa) e a propia Xunta escúsanse nos case tres millóns de euros pagados en indemnizacións por danos para xustificar o exterminio. Experimentos con ultrasonidos, fibra óptica e probas con feromonas que chegan tarde e mal despois de décadas sen investir o suficiente en valados dobles de calidade nin en pasos elevados para a fauna.
No canto de esixir ás concesionarias privadas de autopistas que blinden as súas vías como é a súa obriga, a solución máis sinxela para o goberno autonómico é premiar a escopeta fácil, autorizar a masacre de nais e crías, e pretender borrar do mapa a unha especie nativa baixo a premisa de que a orixe de todos os males é o bicho, e nunca a mala xestión humana. Unha folla de ruta de exterminio que non soluciona os accidentes, pero que deixa as mans manchadas de sangue e a conciencia da administración completamente anestesiada.
O "Modelo Americano": A herdanza do exterminio brutal de lobos, coyotes e bisontes
O que está a facer a Xunta co xabaril non é un invento galego; é a copia descarada dunha das tradicións máis escuras e sanguentas do planeta: o modelo de aniquilación de fauna dos Estados Unidos, onde o exterminio sistemático de especies se converteu en política de Estado e negocio do lobby das armas e da caza.
Do bisón ao lobo: A Historia que se repite
A historia de América do Norte do século XIX e XX escribiuse con sangue animal. O caso do bisón americano é o exemplo máis salvaxe: pasouse de poboacións de máis de 30 millóns de exemplares a rozar o exterminio total en poucas décadas. Non só se buscaba a pel ou a carne, senón a eliminación deliberada para matalos de fame aos nativos americanos e despexar o terreo para a gandería. Unha matanza institucionalizada onde os cazadores disparaban a centos de animais dende os trens en marcha polo simple pracer de matar.
O mesmo destino sufriu o lobo gris, perseguido, envelenado e acribillado ata a súa casi total desaparición en case todos os estados contiguos de EE.UU. a mediados do século XX, baixo a mesma presión dos gandeiros que hoxe vemos no rural galego.
Snipers, helicópteros e rifles de gran calibre: A guerra hoxe
Lonxe de ser cousa do pasado, hoxe en día en estados coma Idaho, Montana, Wyoming ou Alaska, a guerra contra os depredadores e ungulados continúa cunha brutalidade aínda maior grazas á tecnoloxía moderna.
Nestes estados, as leis autorizan a matanza de lobos e coyotes sen límites de cota, permitindo métodos que rozan o sadismo técnico:
Uso de helicópteros e avións: Cazadores e axentes gobernamentais disparan dende o aire con armas semiautomáticas de gran calibre para masacrar manadas enteiras en minutos.
Miras térmicas e visión nocturna: Exterminio mentres os animais dormen ou se desprazan na escuridade.
Matanza de crías na gorida: Autorízase explicitamente afogar fume ou matar a cachorros de lobo e coyote nas súas propias goridas (denning), o mesmo protocolo cruel que a Xunta ven de validar para os xabatos en Galicia.
Trampas de lazo e veneno: Dispositivos que provocan agonías de días.
Nos Estados Unidos, baixo a escusa de "protexer ao ganado" e beneficiar ás grandes granxas gandeiras, elimináronse máis de 100.000 coyotes ao ano só a través do propio servizo federal (Wildlife Services), nun ciclo infinito onde canto máis disparan, máis desequilibran o ecosistema e máis desculpas teñen para seguir comprando armas e munición.
Un fío condutor: a soberbia humana e a bala fácil
Traer este modelo a Galicia é asumir que a única relación posible coa natureza é a dominación polo fogo. Xa sexa un cazador en Idaho disparando dende un helicóptero a un lobo cun rifle de precisión, ou un cazador en Culleredo acribillando a unha xabatina e ás súas crías baixo o amparo dun decreto de emerxencia, a mentalidade é exactamente a mesma: a soberbia dun ser humano que se cree con dereito a borrar do mapa a calquera especie que lle resulte molesta, custe o que custe e caia quen caia.
Montes en "Estado de Sitio": Do negocio das granxas cinexéticas á dictadura do 'Soberano'
Basta con asomarse aos comentarios das novas para comprobar a profunda fractura social que provoca esta medida e a espiral de disparates que rodea a xestión do rural en Galicia. O debate deixou de ser ambiental para converterse nunha batalla campal entre bandos atrincheirados.
O exterminio como única "solución" rural
Por un lado, xorde o clamor duns sectores agrícolas e gandeiros que xa non piden un control de poboación, senón o exterminio total e absoluto do xabaril (como tamén esixen o do lobo). So baixo a premisa de que "ou eles ou nós", a postura dominante e máis dura do rural profundo esixe arrasar con calquera bicho que ameace as súas colleitas ou os seus ingresos, rexeitando con soberbia calquera crítica que veña da cidade: "aquí mandamos nós e os ecoloxetas de moqueta non teñen nin idea de como funciona o campo".
Carabinas, presbicia e 'Soberano' a primeira hora
No outro extremo está o pánico real dos veciños, sendeiristas e ciclistas que ven como os montes galegos pasaron a estar, literalmente, en estado de guerra contra os animais que son abatidos como si foran enemigos da humanidade enchendo de sangue os montes. Porque esa é outra: a "emerxencia" deixa o control da fauna nas mans de cuadrillas privadas de fin de semana. Como ben denuncian os propios usuarios dos camiños, a combinación de armanento de alto calibre, cazadores de máis de 60 anos con presbicia e cafiños con copa de Soberano nos bares de estrada a primeira hora da mañá é un cóctel máis perigoso para a seguridade pública que calquera manda de xabarís. Mañá saír a andar en bici ou pasear o can por unha pista forestal sen sinalizar é xogarse a vida a que a un indocumentado se lle escape un tiro.
El negocio redondo: Soltar especies no monte para logo pedir darlle tiros
Pero o máis absurdo e amoral de todo este circo é o modelo cinexético español. Mentres a Xunta declara a "emerxencia" pola sobrepoboación, en España funcionan centas de granxas cinexéticas destinadas a criar xabarís, corzos e cervos para logo soltalos e alimentar o lucrativo negocio da caza privada.
A isto súmanse os "cebadoiros" instalados no propio monte: darlles de comer con maizais automáticos para fixar as pezas e habelas de sobra na tempada. É dicir, artificilízase o monte, foméntase a proliferación do xabaril porque deixa diñeiro e, cando o problema desbórdate, esíxese diñeiro público para indemnizacións e licenza para matar sen límite. Un negocio redondo no que o monte público se converte nun coto privado e a fauna nun obxectivo de tiro ao blanco.
A mestura perfecta de incompetencia e barbarie
Desfeita dos ecosistemas ibéricos, exterminio de depredadores naturais coma o lobo que manterían o equilibrio de forma biolóxica, e unha administración que pasa de non facer nada a declarar o exterminio por decreto. A "solución" da Xunta non arranxa nada; só perpetúa un modelo onde o monte deixa de ser un espazo natural para converterse nun campo de tiro privatizado, mentres os xabatos de dous quilos teñen que aprender a esquivar balas no monte e coches en Culleredo.
Trafico, exterminio de hembras e a lóxica dos grandes herbívoros
A narrativa oficial da Xunta sostense sobre dous argumentos tan fríos como cínicos: os accidentes de tráfico e a capacidade reprodutiva da especie. Véndese que hai que exterminar porque un xabaril provocou un accidente na autovía e ademaís os conductores votan a culpa do alto coste dos seguros por os accidentes con xabarís, como se a solución ao tráfico fose acribillar o monte en lugar de esixir valados perimetrales decentes, pasos de fauna ou limitar a velocidade en tramos críticos.
| Os accidentes de tráfico, uns dos grandes motivos para exterminar a os xabaríns. |
Para xustificar a matanza de nais, usan a conta da vella: "como unha xabatina vella pode ter ata 10 ou 12 crías, pois hai que matala a ela e aos seus fillos antes de que se multipliquen". So esa premisa, calquera vida é reducibel a unha praga e calquera matanza a un cálculo matemático. Unha lóxica perversa que xa se aplica a nivel estatal con centos de miles de grandes herbívoros —cervos, corzos, gamos— abatidos cada ano en parques nacionais e cotos privados baixo o pretexto de "controlar poboacións", mentres se prohibe a entrada dos seus depredadores naturais que farían ese traballo sen necesidade de balas.
O viraxe ecolóxico: Da "protección animal" ao carbón e ás balas
Dá un pasmo tremendo ver como as mesmas administracións que se enchen a boca falando de "benestar animal", desenvolvemento sostible e gardiáns do medio ambiente, pasan en cuestión de horas a autorizar a caza salvaxe de crías lactantes e nais seguidas da súa camada.
É o mesmo espectáculo dantesco e a mesma hipocrisía que vimos a nivel internacional co goberno de Alemaña: un país que vendeu durante décadas o seu modelo pacífico, ecoloxista e verde que, nun abrir e pechar de ollos e ante a primeira necesidade, pasou de ser a bandeira das enerxías limpas e o pacifismo a reabrir minas de carbón e lanzarse a un proceso de militarización a marchas forzadas.
Esa é a verdadeira cara da política moderna: os principios verdes e a empatía cara á natureza duran exactamente o que tarda en xurdir un problema de xestión. Cando as cousas se complican, a "ética" gárdase nun caixón e a solución volta ser a de sempre: pólvora, exterminio por decreto e carbón. O mesmo Estado que avanza un paso cara á sensibilización pola mañá, desanda dez pola noite publicando a barbarie no boletín oficial.
Populismo de monte e cálculo electoral: Quedar ben co votante de dereitas
Todo este volantazo ambiental e esta présa por autorizar a caza sen límites non responden a un plan técnico e meditado, senón ao cálculo político máis descarado. Co horizonte electoral no calendario, a Xunta necesita quedar ben e renderlle vasallaxe ao votante tradicional do rural e á dereita máis dura: a esa bolsa de votos que forman os cotos de caza, os sindicatos agrarios máis conservadores e quen pide man dura contra todo o que considere "unha molestia".
É o populismo de toda a vida adaptado ao monte: no canto de investir diñeiro público en valados eficaces, limpeza de frazas ou nunha xestión ambiental seria e profesional, resulta moito máis barato e rendible electoralmente dicirlle ao votante con escopeta que ten vía libre para disparar a todo o que se mova. Vender exterminio por decreto como "man firme" é a receita perfecta para rascar papeletas no rural, aínda que iso teña como prezo esnaquizar a ética, desprotexer o monte e deixar xabatos bebés aterrorizados correndo entre o asfalto.
O Estado e a ilusión da protección: A violencia con selo oficial
A historia, cando se mira sen anestesia, deixa ao descuberto unha verdade incómoda: o Estado, en calquera das súas formas e independentemente do réxime que o dirixa, garda no seu núcleo o monopolio absoluto e exclusivo da violencia lexítima. Unha ferramenta que hoxe pode parecer un escudo protector e mañá, cunha simple liña nun diario oficial, converterse na espada que te aniquila.
Hai un fío condutor que une a un réxime abertamente criminal e monstruoso coma o de Adolf Hitler cun Estado democrático moderno, e esa liña é a burocratización da violencia e a despersonalización do dano. O nazismo non funcionou unicamente polo odio visceral, senón porque contou cunha máquina estatal impecable: leis redactadas con pulcritude, decretos de emerxencia, funcionarios que asinaban ordes e cidadáns que acataban a norma polo simple feito de ser "a lei". A iso chamoulle Hannah Arendt a banalidade do mal: cando a barbarie se converte nun trámite administrativo.
Nos sistemas democráticos actuais, o mecanismo funciona cunha sutileza diferente pero baixo a mesma lóxica de poder incontestábel. O mesmo Estado que hoxe redacta leis para protexerte, prometerte benestar e coidar de ti, é o mesmo que mañá, se o panorama xeopolítico cambia ou os seus intereses o requiren, redacta un decreto de mobilización e te manda á guerra a morrer nunha trincheira. Pola mañá protexe a túa vida; pola noite decreta que es prescindible.
Hoxe é un xabato de dous quilos correndo entre cristais en Culleredo porque un decreto autoriza a masacre de nais e crías sen límite; mañá é a suspensión dos teus dereitos máis fundamentais ou o envío dos teus fillos a un front de batalla baixo a ameaza de prisión se te negas. Cando a lei substitúe á ética e o decreto anula a empatía, a cidadanía deixa de ser persoa para converterse en número, en recurso ou en carne de canón.
A lección que a historia nos repite unha e outra vez é tan clara como decantada: o Estado que hoxe che vende seguridade, é exactamente o mesmo que ten o poder legal e executivo de aniquilarte mañá. E farao, ademais, coa conciencia tranquila do funcionario que só limita a cumprir a norma publicada no boletín oficial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???