Segundo as previsións, as temperaturas seguirán disparadas durante varios días, cos peores momentos para o sábado e domingo, con ceos completamente despexados e sen unha mísera nube que nos dea tregua. Koruña podería superar os 35 graos, a segunda temperatura máis alta da súa historia rexistrada.
A Secretaría Xeral para o Deporte xa suspendeu toda a actividade deportiva federada entre as 12:00 e as 20:00 horas deste venres nas zonas afectadas. E non é para menos. Os principais grupos de risco son os maiores de 65 anos, os nenos pequenos e as persoas con enfermidades cardiovasculares, diabetes, problemas respiratorios, renais ou neurodexenerativas como Parkinson ou Alzheimer.
O forno atlántico: As claves científicas do récord que nos vai facer suar
Para entender a magnitude da alerta vermella que pesa sobre Koruña e a súa área de influencia, hai que mirar os mapas meteorolóxicos. A nosa comarca, historicamente a salvo dos extremos do verán peninsular grazas ao "colchón" do océano, atópase nesta ocasión no ollo do furacán térmico por mor de tres factores encadeados:
A dorsal africana en "modo bloqueo": unha masa de aire cálido, extremadamente seco e cargado de po en suspensión (calima) subiu dende o norte de África directa cara o noroeste peninsular. Ao contrario do que adoita pasar, non vai cruzar de longo; vén para quedarse estancada varios días sobre Galicia.
O efecto "foehn" invertido (o vento do sur): cando o vento sopra con forza da compoñente sur/sueste, o aire ten que cruzar toda a comunidade galega antes de chegar á nosa costa. Ao descender cara o nivel do mar na comarca koruñesa, ese aire comprímese e quéntase aínda máis, actuando como un auténtico secador de pelo xigante sobre a ría.
Noites tropicais (ou ecuatoriais): o perigo real para a saúde non son só as máximas do mediodía. As previsións apuntan a que os termómetros nas rúas de Koruña, Culleredo ou Oleiros a duras penas van baixar dos 22 ºC ou 24 ºC durante as madrugadas, impedindo que as vivendas (que na nosa zona non adoitan ter aire acondicionado) arrefríen.
🌡️ Nos próximos días chegarán á península masas de aire moi cálidas.
— AEMET_Galicia (@AEMET_Galicia) July 1, 2026
➡️ Novo episodio intenso de calor en Galicia a partir de mañá xoves. Podería dar lugar a outra onda de calor nalgunhas zonas. En calquera caso, outra vez temperaturas moi altas durante rios días. pic.twitter.com/dOwJcs0CyH
O perigo engadido: o "Efecto Illa de Calor" nos nosos barrios
Máis aló das praias, o problema da Coruña reside no seu deseño urbano. Barrios con alta densidade de poboación, moito asfalto e escaseza de zonas verdes —como Os Mallos, a Agra do Orzán ou a zona de Catro Camiños— van sufrir o fenómeno coñecido como "Illa de Calor Urban".
O cemento absorbe a radiación solar durante as horas centrais do día e vai ceibando ese calor acumulado lentamente durante a noite, provocando que a sensación térmica dentro dos pisos sexa moito maior que a marcada polas estacións oficiais de MeteoGalicia.
¿E o Concello? Sen plan de "Refuxios Climáticos"
Mentres outras cidades españolas contan cunha rede pública de refuxios climáticos —espazos climatizados como bibliotecas, museos ou centros cívicos preparados para acoller a maiores e nenos nas horas críticas— na Koruña esta estratexia brilla pola súa ausencia.
Como xa analizamos en Koruña Rabuña, co Ágora e Parque Europa baixo mínimos por falta de persoal e contratos de mantemento en precario, e cos Museos Científicos totalmente obsoletos e coa climatización baixo sospeita, os koruñeses só teñen dúas opcións para non asar: meterse nun centro comercial privado ou ir buscar a brisa (se a hai) á beira do mar. Precaución máxima, moita auga e a protexerse da calor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???