Koruña é hoxe unha cidade que funciona por pura inercia, non porque haxa alguén nos despachos de María Pita guiando o temón. Se hai uns días falabamos do colapso ferroviario e do patrimonio que deitaban arder nas cocheras, o que acontece coas grandes licitacións municipais xa non é desleixo; é pura e dura incapacidade de xestión. O Concello de Koruña converteuse nese estudante incompetente que deixa todo para o último día, suspende o exame e despois bota as culpas ao empedrado.
O modelo de cidade idílica co que nos bombardean a diario na propaganda oficial acaba de chocar de fronte contra dous muros que sosteñen o día a día de calquera veciño: o lixo e o autobús urbano.
A planta de Nostián, deserta: ninguén quere o lixo de Inés Rey
O colmo do ridículo administrativo tivo lugar coa Estación de Tratamento de Residuos (a planta de Nostián). Tras anos de prórrogas alegadas, parches e promesas dun novo modelo ecolóxico e sostible, o Concello sacou por fin a concurso o contrato máis importante e millonario da lexislatura. ¿O resultado? Ningunha empresa quixo presentarse. O concurso quedou baleiro, deserto.
Tras anos de prórrogas alegadas, parches e promesas dun novo modelo ecolóxico e sostible, o Concello sacou por fin a concurso o contrato máis importante e millonario da lexislatura: un megacontrato de 341 millóns de euros por 25 anos, logo de que a alcaldesa decidira aumentar o custo en 65,6 millóns de euros porque Hacienda lle dixo que o plan orixinal non era viable economicamente. ¿O resultado final? Ningunha empresa quiso presentarse.
O concurso quedou baleiro, deserto. Dende o PP cualifican isto directamente como "a estafa do tratamento do lixo", lembrando que Inés Rey prometeu esta licitación nos seus primeiros cen días do primeiro mandato, logo nos seis meses do segundo, e máis tarde en 2024. O balance real? Seis anos sen contrato e 36 millóns de euros en facturas irregulares.Pero mentres o goberno local xoga aos plans de futuro e o superconcelleiro José Manuel Lage Tuñas tende a man a Sogama para falar de plans a tres anos vista, a realidade na planta de Albada é tercermundista. Os traballadores denuncian que as condicións de traballo se degradan por momentos: o tellado está dañado, o pavimento destrozado e Inspección de Traballo xa emitiu un requirimento que a empresa ignorou olimpicamente ante a pasividade do Concello.
Por se fose pouco, o marabilloso invento do quinto contedor (o de orgánica) resultou ser unha trampa mortal para o sistema. En lugar de reciclar máis, a planta non está preparada e os desperdicios acumúlanse por todas partes. Os traballadores teñen agora que abrir un contedor máis e cribar a man o contido para recuperar os envases, provocando que o lixo se amontoe.¿E que di Lage Tuñas ante isto? Pois que "aínda é pronto para avaliar" e que "lanzarán unha campaña de concienciación". Xeniais. Mentres fan os seus "axustes", o perigo real é que aumenten os rexeitamentos (o lixo non tratado), que actualmente xa superan o 50% das 170.000 toneladas que chegan ao ano. E coa nova normativa europea en man, máis lixo sen tratar significa que a taxa do lixo subirá case un 24%. En resumo: pagaremos o lixo a prezo de ouro pola incompetencia duns dirixentes que non saben deseñar un contrato nin prever que os contedores hai que criticalos cunha planta en condicións, e non nunha instalación que cae a cachos.
Isto non é un accidente, é unha crónica anunciada. Se deseñas uns pregos de condicións fóra da realidade do mercado, ignorando os custos reais e pretendendo que o sector privado asuma os teus propios delirios políticos sen garantías financeiras, o lóxico é que as grandes compañías pasen de longo. Ninguén quere queimar os cartos en Koruña nun servicio ruinoso que non supo xestionar o concello e que non e capaz de convencer a o sector privado para facelo.
| O lixo acumulase en Nostián. Foto de El Ideal Gallego |
Agora Nostián atópase nun limbo legal perigosísimo. Mentres o Goberno local inventa unha nova escusa, a planta opera ao límite e a cidade corre o risco de ver colapsado o seu sistema de reciclaxe. ¿Teremos que ver como Nostián queda abandonada e volve a ser un vertedoiro como o que colapsou nos 90. Iso si, a taxa do lixo non perdoan un só céntimo nos fogares. Pagamos como europeos por unha xestión de terceira división.
Compañía de Tranvías: outro contrato fantasma que caduca no caixón
Se o do lixo é alarmante, o do transporte público é para botarse a chorar. O contrato coa Compañía de Tranvías, a empresa que move a miles de coruñeses en autobús cada día, leva camiño de converterse noutro monumento ao inmobilismo.
A concesión caduca, os prazos esgótanse e en María Pita seguen sen mover un só papel para renovar, licitar ou deseñar o transporte urbano que o século XXI esixe. ¿A onde nos leva isto? Á fobia crónica deste executivo: a parálise por contrato. En lugar de coller o touro polos cornos, prefiren deixar que os servizos básicos funcionen en base a prórrogas forzosas e precarias, o que impide que a empresa invista en renovación dos buses (con aire acondicionado), mellores frecuencias, horarios propios de una cidade e non de una aldea, en renovar a flota a prezos competitivos ou en deseñar liñas que realmente conecten os barrios esquecidos co CHUAC ou a Universidade.
A parálise contractual de María Pita xa non só cheira a lixo sen recoller nin viaxa en autobuses prorrogados; agora tamén se nota no noso tempo de lecer. O deporte e as actividades culturais da Coruña entraron nunha vía de abandono institucional que retrata perfectamente a un Goberno local desbordado pola súa propia burocracia. Se vostede vai adestrar a un polideportivo municipal ou quere facer un curso nun centro cívico, prepárese para a precariedade máis absoluta.
Pavillóns que se caen a cachos e ximnasios sen recambios
A xestión dos centros deportivos municipais converteuse nunha gincana para os usuarios. Mentres a concellaría correspondente segue a vender plans de vida saudable, as instalacións sofren un abandono que salta á vista:
Desperfectos crónicos: Goteras perennes nas pistas, vestiarios sen auga quente ou con duchas avariadas durante meses e unha total falta de axilidade para arranxar calquera mínima avaría.
Material obsoleto: Máquinas de ximnasio que cando rompen quedan precintadas cunha cinta de por vida, faltas de mantemento básico en pesas, espalleiras e canastras, e clubs locais que teñen que facer encaixe de bolfos para poder adestrar con dignidade.
Instalacións sen persoal: O máis alarmante é a falta de recursos humanos. Ao non renovarse os contratos de servizos de control, limpeza e conserxería de xeito eficiente, moitos complexos deportivos atópanse baixo mínimos, sen persoal suficiente para atender aos usuarios ou obrigando a cadros de persoal minguados a multiplicar os seus esforzos para evitar o peche das instalacións.
| Pavillón Deportivo de San Diego |
Centros Cívicos no Arame: o Ágora e o Parque Europa en precario
Pero se o deporte está a sufrir, o ámbito sociocultural non se queda atrás. As actividades de ocio e os obradoiros dos centros cívicos da cidade —eses que se supón que fan barrio e axudan á conciliación— están a sufrir unha agonía similar pola incapacidade do Concello para sacar adiante as contratacións en tempo e forma.
Espazos emblemáticos como o Centro Cívico de Parque Europa ou o Ágora viven nunha situación de precariedade constante. A falta de renovación das adxudicacións para a xestión de cursos, monitoraxe e dinamización cultural provoca que a programación cultural corra o risco de suspenderse por capítulos, que haxa menos prazas das demandadas ou que os traballadores que sacan adiante estes servizos estean en condicións laborais límite.
É a política do "parche". Como non hai pregos novos listos para asinar, as actividades van saíndo adiante a base de contratos menores de última hora ou simplemente van morrendo por inanición, deixando aos veciños sen unha alternativa de ocio público de calidade.
Koruña do "postureo" fronte á Koruña real
Esta é a triste realidade do municipalismo que nos toca vivir. Inés Rey prefire organizar cumbres de alcaldesas e pasearse pola moqueta dos grandes eventos, mentres os servizos que realmente tocan o día a día dos coruñeses —desde a recollida do lixo en Nostián ata o mantemento do pavillón do teu barrio ou as clases do centro cívico— están totalmente desatendidos.
Cando un Concello demostra que non é capaz de xestionar nin o mantemento das súas pistas de barrio nin os contratos dos monitores de cultura, o problema xa non é de herdanza nin de "axustes". É falta de competencia na xestión diaria. Menos fotos de marca de cidade e máis coidar o que xa temos, alcaldesa. ¡Que nos estades a deixar sen nada!
O apagón dos Museos Científicos: de vangarda nacional a almacén de recordos obsoleto
Se o deporte dá pena, o da ciencia e a cultura en Koruña é directamente para poñerse a chorar. Houbo un tempo en que esta cidade era o faro da divulgación científica en toda España. Presumíamos con orgullo daquela marca única, os Museos Científicos Coruñeses EMC2, que situaban á vangarda nacional á Casa das Ciencias, a Domus (Casa do Home) e o Aquarium Finisterrae (Casa dos Peixes). Hoxe, por culpa do desleixo e a compracencia de María Pita, ese motor transformouse nunha atracción nostálxica e desfasada que sobrevive por inercia, cunha relevancia nula no ámbito divulgativo estatal.
Módulos rotos e contidos do século pasado
Visitar hoxe os nosos museos científicos é viaxar no tempo, pero non para aprender historia, senón para comprobar o que pasa cando un Concello se esquece de investir no seu patrimonio intelectual:
Sen renovación de contidos: as exposicións interactivas que un día foron revolucionarias levan décadas sen actualizarse totalmente, só parcialmente (o tempo de cada módulo en funcionamento e de décadas). Nun mundo onde a ciencia avanza a pasos axigantados (coa intelixencia artificial, a edición xenética ou a exploración espacial), os nosos museos seguen ancorados en conceptos e tecnoloxías que non son renovados a o ritmo adecuado.
Módulos avariados de xeito crónico: o lema histórico de "prohibido non tocar" pasou a ser "prohibido tocar porque está roto". É habitual atopar pantallas fundidas, botóns que non funcionan, xogos interactivos fóra de servizo e paneis desgastados polo paso do tempo que ninguén se molesta en substituír ou reparar.
Falta de actividades novedosas: a axenda cultural e divulgativa destes centros volveuse plana e previsible. Non hai grandes exposicións temporais de impacto, as que hay son escasas, nin ciclos de conferencias punteiras, nin propostas que atraian ás novas xeracións de visitantes que hoxe demandan novos formatos dixitais.
Menos servizos: o peche da cantina do Aquarium, o restaurante da Domus e a pequena biblioteca do Palacete da Casa das Ciencias son exemplos do retroceso dos museos científico.
Nin remodelacións nin novos centros: o estancamento total
Mentres outras cidades españolas e europeas renovan de arriba a abaixo os seus espazos de divulgación ou apostan por crear novos centros tecnolóxicos e planetarios de última xeración coas últimas novidades dixitais e inmersivas, en Koruña do bipartito o tempo parouse.
| A fachada do Domus caéndose abaixo. Foto de La Opinión Coruña |
Non hai o máis mínimo plan para unha remodelación acorde aos novos tempos que corren, nin moito menos ambición por ampliar a rede con novos centros dedicados, por exemplo, á transición ecolóxica ou ás tecnoloxías do futuro. O Aquarium Finisterrae resiste como pode ao desgaste do mar e a Casa das Ciencias sobrevive grazas ao romanticismo do seu contorno, pero a parálise na xestión de contratos de María Pita tamén lle meteu a tesoira ao mantemento e á ambición destes espazos.
De referentes españois a ser invisibles
A traxedia de todo isto é a perda de liderado. Os Museos Científicos Coruñeses foron pioneiros e un referente absoluto en España, un espello no que se miraban outras capitais. Hoxe en día, a súa importancia no mapa da divulgación nacional é nula. Quedamos fóra de calquera circuíto de prestixio pola total falta de ambición de Inés Rey e o seu equipo, máis preocupados por financiar o postureo de catro concertos e cumes de alfombra vermella que por coidar o legado que fixo grande a esta cidade.
Alcaldesa, a ciencia avanza, pero o seu Goberno camiña cara atrás. Estades logrando que o único "experimento" que funcione na Coruña sexa ver canto tempo é capaz de aguantar unha cidade sen que ninguén xestione os seus museos, os seus pavillóns e os seus servizos básicos. ¡Unha vergoña histórica!
O Palacio dos Deportes de Riazor: o buque insignia que mete auga por todas partes
Se hai un lugar onde a vergoña da xestión deportiva municipal se fai monumental, ese é o Palacio dos Deportes de Riazor. O que debería ser o orgullo e o auténtico buque insignia dos centros deportivos públicos de Koruña —un templo histórico que acolleu xestas mundiais de hóckey, baloncesto e que serve de fogar para o tecido asociativo e os clubs de elite da cidade— converteuse nun monumento ao desinterese e ao abandono.
Entrar hoxe no Palacio é facer un exercicio de supervivencia e nostalxia. Mentres a alcaldesa Inés Rey presume de eventos masivos e se saca fotos na pista para anunciar plans que xamais se materializan en mantemento real, os deportistas e os usuarios teñen que lidiar cunha situación penosa.
Se hai un lugar onde a vergoña da xestión deportiva municipal se fai monumental, ese é o Palacio dos Deportes de Riazor. O que debería ser o orgullo e o auténtico buque insignia dos centros deportivos públicos da Coruña —un templo histórico inaugurado en 1970 que acolleu xestas mundiais— converteuse nun monumento ao desinterese, á obsolescencia e ao abandono.
A situación é tan insostible que o Básquet Coruña (o Leyma), tras o seu histórico ascenso á Liga Endesa, tivo que fuxir de Riazor porque o pavillón non cumpre coas esixencias mínimas que a ACB impón para garantir a calidade do espectáculo. Xa o dicía o adestrador Diego Epifanio en 2023: "Adestramos na peor instalación da categoría, hai moito frío". ¿A solución "intelixente" do Concello? Poñer uns calefactores provisionais. Un remedio inútil nun pavillón onde o calor marcha polos ocos de cinco dedos que teñen as cristaleras exteriores.
Hoxe, máis de trinta clubs e tres academias de oposicións teñen que compartir un espazo que arrastra carencias tercermundistas:
O clásico das pingueiras e inundacións: as pingueiras no teito obrigan a poñer tinaxas de plástico no chan das salas de musculación para recoller a auga. Ademais, as tuberías do auga cómpense a miúdo provocando inundacións constantes e os chans das zonas comúns están destrozados.
Duchas con auga fría: o Hockey Club Liceo, a entidade máis laureada da cidade, tivo que pasar unha semana enteira sen auga quente, obrigando aos xogadores de elite a ducharse con auga fría ou a marchar ao estadio de fútbol para poder lavarse. Ademais, avisan do perigo real da instalación eléctrica: "Se colapsa, non se poderá arranxar".
Pistas que mancan e parqué gastado: a pista de atletismo ten tres décadas de uso (o triplo do recomendado), o que está a provocar lesións nos deportistas. Unha pista que un día foi competitiva e hoxe está á cola de Galicia. Pola súa banda, o parqué da pista central non se pode lixar máis e o club de hockey en liña Ártabros denuncia que o puck (a pastilla) sae voando de xeito incontrolable polas táboas desaliñadas.
O lixo do amianto: para máis inri, os usuarios denuncian que se cambiou a metade do teito pero deixaron o amianto, co cal haberá que levantalo todo de novo nun futuro.
Vestiarios tercermundistas: o estado de conservación das duchas, os aseos e os vestiarios é deplorable. A falta de renovación de material e canalizacións fai que os equipos visitantes se marchen da Coruña cunha imaxe lamentable dunha cidade que di ser de "primeira división".
Aparatos e bancadas no arame: as deficiencias estruturais non se quedan nas pingueiras. O mantemento das bancadas, falta de coidado en o aspecto da pista e o entorno que da vergoña, os sistemas de iluminación obsoletos e os problemas crónicos coa calefacción (que converten o pavillón nunha neveira no inverno) e ausencia de aire acondicionado que fai que sexa un invernadero en verán, completan unha estampa de decadencia absoluta.
A alcaldesa Inés Rey anunciou hai meses xunto ao Deportivo e á Deputación un pomposo acordo para reformar o pavillón e o estadio. O problema? Que non ofreceron nin un só detalle máis ao respecto. Mentres os parches xa non dan máis de si nunha estrutura que necesita unha reforma completa, os clubs seguen a adestrar en precario.
Que o Palacio dos Deportes de Riazor, a xoia da coroa do deporte koruñés, teña que sufrir esta imaxe de vellez sen coidados, sen reposición de material moderno e sen un contrato de mantemento integral á altura da súa historia é o reflexo máis fiel da xestión de María Pita. Se o teu buque insignia mete auga por todas partes, arrastra cortes de auga quente e espanta aos clubs de elite, ¿que podemos agardar para o polideportivo do teu barrio? Menos promesas baleiras con Escotet e máis coidar Riazor, alcaldesa.
Comentarios dos lectores de La Voz de Galicia extraídos do debate sobre o estado do Palacio dos Deportes de Riazor:
efecto2000 (Koruña): "este concello non ten cartos nin para un palacio de deportes, tres museos científicos, un enorme paseo marítimo, un ascensor panorámico, unha torre milenium, 3 recintos de exposicións, etc etc. Este Concello apúntase a telo de todo pero logo non ten cartos para manter NADA." (3 votos a favor, 0 en contra)
jnsi-1690462224 (Koruña): "Valla por deus. Como usuaria del palacio de deportes, vexo con asombro o que me parece unha campaña en contra de algo que non sei que é. Certo que hai pingueiras, pero nada que non teña solución; algunhas tuberías cómpense, é certo, e algúns reloxos quedan sen pilas, pero nada que non se arranxe. Non sei a que vén tanto apuro ultimamente." (0 votos a favor, 2 en contra)
XandoKan (Koruña): "Especulación. Non se ve vir nin nada que se queren desfacer do pavillón para pasar a cousas máis lucrativas, non van parar ata que o tiren." (1 voto a favor, 0 en contra)
ggho8889 (Koruña): "A Xunta fíxolles aos santiagueses un pavillón multiusos de 5.000 millóns de pesetas. Aí o deixo." (3 votos a favor, 1 en contra)
mgue2686 (Koruña): "TEMA XA ARRANXADO. Se xa PROMETEU a nosa alcaldesa Inés Rey unha REFORMA INTEGRAL de RIAZOR y do Palacio de Deportes o día que renunciou ao MUNDIAL." (4 votos a favor, 0 en contra)
Unha cidade en parada técnica polas prórrogas da incompetencia
Se xuntamos todas as pezas deste crebacabezas de desleixo, o mapa que debuxa Koruña actual é desolador. Non estamos ante problemas illados ou crises pasaxeiras; estamos ante unha parálise estrutural e un fracaso absoluto de xestión por parte do Goberno de Inés Rey e José Manuel Lage Tuñas. María Pita converteuse nun búnker máis preocupado por salvar os seus propios mobles nos xulgados e manter un control piramidal ca por facer funcionar a cidade.
O balance da Koruña real, a que está fóra dos focos da propaganda oficial, é para botar as mans á cabeza:
Mobilidade triturada: unha cidade illada por terra, onde a Estación Intermodal se converteu nunha parada de autobuses de liña, onde a conexión con Ferrol e outras localidades cercanas segue ancorada no XIX e onde o patrimonio histórico do tranvía —ese que ía ser o futuro metro lixeiro— deítase podrecer e arder nunha cochera abandonada.
Servizos básicos no limbo: o contrato máis millonario da historia do Concello, o de Nostián, queda deserto porque ninguén quere o lixo dun executivo incapaz de escoitar ao mercado e aos traballadores. Mentres, o transporte urbano en autobús sobrevive a base de prórrogas fantasmas sen renovación nin melloras de liñas.
Ocio, deporte e cultura baixo mínimos: centros cívicos coma o Ágora ou Parque Europa funcionando en precario por falta de monitoraxe; polideportivos de barrio sen persoal nin mantemento elemental; o Palacio dos Deportes de Riazor —o noso buque insignia— metendo auga con pingueiras crónicas; e uns Museos Científicos outrora vangarda nacional hoxe reducidos a un almacén de módulos rotos e obsoletos sen relevancia estatal ningunha.
Esta é a crónica dunha cidade que funciona por inercia, grazas ao esforzo dos seus veciños, traballadores e funcionarios, a pesar duns gobernantes que confunden o "orde e mando" con gobernar. Mentres os contratos fundamentais caducan nos caixóns, o lixo se amontoa, os pavillóns se caen e a ciencia se apaga, a alcaldesa segue a sorrir para a foto.
Menos soberbia, menos matonismo de despacho e máis poñerse a traballar. Que Koruña está en fóra de xogo e o tempo das escusas e dos espexismos dixitais xa se lle esgotou. ¡Xestión xa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???