Unha vez máis, Koruña espertou de madrugada coas sirenas a todo trapo e o corazón na boca. Arredor das dúas da mañá deste domingo, o número 15 da rúa Nicomedes Pastor Díaz —entre A Palloza e o Parque Europa— converteuse nunha trampa de fume, lume e pánico. O balance: once persoas trasladadas ao CHUAC (dous menores incluídos, e dous ingresados na Unidad de Queimados), 24 vivendas desaloxadas e un primeiro piso que hoxe é, literalmente, un cacho de carbón.
Mentres a Policía Científica investiga os restos, as primeiras hipóteses e fontes municipais apuntan á explosión dun patinete eléctrico mentres cargaba. Un deses artefactos da vida moderna que, como non teñas coidado ou estea trucado, se converte nunha bomba de reloxaría dentro de casa.
Pero máis alá da traxedia e do heroico traballo dos Bombeiros, o 061 e a Policía Local, o incendio volveu destapar unha realidade incómoda da que moitos prefiren non falar: a proliferación de "pisos patera" e a vulnerabilidade da veciñanza ante situacións de emerxencia.
O segredo a voces da primeira planta: hábiles para cobrar, invisibles para o control
Na zona, o incendio non colleu a ninguén por sorpresa. Entre a carnicería dos baixos e os comercios do cruzamento con Nóvoa Santos, a frase máis repetida durante a mañá do domingo era tan lapidaria como real: «Algún día tiña que pasar».
| O edificio que ardeu despois do incendio. Foto de El Ideal Gallego |
O piso onde se orixinou o lume —o primeiro dereita— funcionaba, segundo confirmaron fontes municipais e veciñais, como un piso patera:
Unha vivenda subapartada en múltiples habitacións con baño e cociña compartidos.
Unha cantidade indeterminada de inquilinos vivindo de forma hacinada no seu interior.
O caldo de cultivo perfecto para que un erro doméstico (unha sobrecarga, un patinete ou un mal cableado) remate nunha desgraza maior.
Mentres o mercado do aluguer em Koruña está polos nubes e os prezos expulsan á xente moza e ás familias da cidade, este tipo de vivendas proliferan na sombra, sen control sanitario, sen medidas de seguridade e converténdose nun risco non só para quen alí malvive, senón para todos os veciños do bloque.
Pánico nas escaleiras: o perigo de abrir a porta ao fume
Máis alá do orixe do lume, o incendio deixou en evidencia a falta de cultura de prevención fronte aos incendios urbanos. Co pánico da madrugada, a reacción lóxica —pero gravemente errónea— de moitos veciños das plantas superiores foi abrir as portas dos seus pisos para tentar fuxir polas escaleiras.
José Manuel e María (vecinos do 7ºI): «Abrimos a porta buscando unha saída e todo o fume se nos veu enriba. Ardíanos a gorxa e os ollos, non podíamos respirar. Cometemos o erro de abrir a porta; a xente debería recibir formación sobre que facer nun incendio».
Nun edificio de oito plantas, a caixa da escaleira actúa como unha cheminea perfecta. Ao abrir as portas, o fume tóxico subiu a toda velocidade, deixando a varios veciños atrapados nos pisos superiores, algúns dos cales tiveron que saír á rúa descalzos e cortándose cos cristais rotos. Por sorte, os bombeiros actuaron con rapidez, permitindo que algúns veciños con problemas de mobilidade se mantiveran a salvo confinados nas súas vivendas ventiladas.
Despliegue VIP e unha lección para o futuro
O suceso provocou a presenza case inmediata da plana maior do Concello: a alcaldesa Inés Rey (que viña do pregón e do concerto de Luz Casal), xunto ás concelleiras Montse Paz, Nereida Canosa e, máis tarde, Gonzalo Castro para xestionar o posible realoxo dos afectados no Fórum Metropolitano. Grazas a Deus, non fixo falta usalo de albergue improvisado e ás seis da mañá case todos os residentes —agás os do piso calcinado— puideron volver ás súas casas.
A reflexión de Koruña Rabuña:
Revisión dos "pisos patera": o Concello e a Policía Local non poden seguir mirando para outro lado mentres pisos sen condicións se enchen de habitacións de aluguer precario e baterías sen homologar cargando sen control.
Educación en emerxencias: o relato dos veciños do 7º piso ten que servir de aviso para toda Koruña. Nun incendio nun bloque de pisos, se hai fume no relano, NON se abre a porta: pérchase, pónñense toallas húmidas nas rendas e agárdase na xanela aos bombeiros.
Patinetes baixo lupa: as baterías de litio non son un xoguete. Cargalos de noite no pasillo ou ao carón de materiais inflamables é xogar á ruleta rusa.
O susto de Pastor Díaz saldouse sen vítimas mortais de milagre. Pero que sirva de aviso: a combinación de precariedade habitacional, falta de mantemento e inventos enerxéticos móbiles é un cóctel que A Coruña non se pode dicir que non coñecera xa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???