Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

martes, 19 de agosto de 2025

Cambio de tempo

 Se vai a acabar la ola de calor en Galicia; en Koruña se avecina máis nubes e chuvia moderada desde o martes; temperaturas suaves entre 14 y 25 graos, con finde soleado; Ourense arde con máis de 63.000 hectáreas queimadas; segue cortado o tren Galicia-Madrid.

Adiós á calor, benvida a chuvia

Pois sí, veciñ@s, despois de dúas semaniñas de calor intenso, a cousa cambia. A partir deste luns 18 de agosto as nubes vanse facer donas do ceo, e xa dende o martes pola tarde podería empezar a caer auguiña en Koruña. O mércores e xoves a probabilidade de chuvia chega ó 50%, aínda que sen grandes diluvios.

La lluvia regresa para dar un respiro este tórrio verano

As temperaturas baixan… pero pouco

Nada de sustos: non imos pasar frío. As mínimas quedarán sobre os 14 graos e as máximas moveranse entre 21 e 25, con un repunte ata os 27 de cara ó finde cando volvan as altas presións.

Galicia enteira muda de tempo

A chegada dunha masa de aire máis fresca e húmida polo Atlántico bota abaixo a dorsal anticiclónica que nos tiña fritidos. O cambio vai empezar aquí en Galicia e logo estenderase polo resto do Estado. En Ourense si que se nota máis, con temperaturas que baixan dos 30 graos.

O lume segue a arrasar

Mentres tanto, o monte galego sofre. Xa arderon preto de 63.000 hectáreas, sobre todo en Ourense, con lumes históricos en Chandrexa de Queixa, Larouco, Oímbra e A Mezquita. A situación segue complicada e, para máis, a conexión ferroviaria con Madrid continúa suspendida ata novo aviso.


Unha de cal e outra de area: o ceo koruñés vaise vestir de gris e mollado, pero polo menos deixamos atrás a calor abafante. Iso sí, que a choiva lave tamén un pouco a tristura que nos deixa ver tanto lume. 

A sorpresa da manga curta

Os coruñeses xa estaban acostumados a ir en manga curta e mirar con desconfianza o paraugas do armario. Pero hoxe, entre as 13.40 e as 14.50 horas, a cidade volveu mollarse un pouco, lembrándonos quen manda aquí: o ceo.

A cousa non pasou de anecdótica, apenas 0,8 litros por metro cadrado segundo a Aemet. Iso si, a chuvia fixo das súas: no observatorio da Torre de Hércules caeron 4,6 litros, mentres que en Bens só se rexistraron 0,3. Vamos, que houbo quen tivo que correr a refuxiarse e quen nin se decatou.


Sol, nube e termómetro contido

Logo do susto, volveu o sol, pero sen recuperar a calor intensa da semana pasada: máxima de 23 graos e ambiente moito máis soportable. Segundo os expertos, mañá pode repetirse o mesmo patrón: algún chuvasco pola mañá e tarde de sol para pasear polo Orzán ou tomarse un café na Mariña.


O que vén

Para a fin de semana a cousa cambia: o venres promete ceos claros e ata 26 graos, o sábado máis do mesmo, e xa o domingo volverán cubrirse os ceos pouco a pouco.


En resumo: a choiva veu, fixo acto de presenza unha horiña, e marchou coma se nada. Iso si, xa nos deixou a todos pensando se sacar ou non o paraugas mañá. Porque en Koruña xa se sabe: se sae o sol, mellor levalo enriba… por se acaso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???