Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

martes, 19 de agosto de 2025

Lume de madrugada en Culleredo

 Koruña e seus arredores non se libran dos incendios que están queimando moitas superfie do oeste da Península desde fai duas semanas.. A noite do domingo ó luns non foi tranquila no concello veciño. Ás 04:30 da mañá saltaba a alarma: un incendio no Monte Costa, en Culleredo. O lume avanzaba con dous focos distintos, detectados dende o aeroporto de Alvedro, polo que todo apunta a que foi provocado.

Control rápido, pero susto grande

Por sorte, grazas á coordinación das brigadas da Xunta, Emerxencias de Culleredo, Oleiros, Arteixo, a Policía Local e os servizos municipais de augas, o lume quedou controlado ao mediodía. As vivendas de Cillobre, as máis próximas, nunca chegaron a estar en perigo real grazas á acción dos equipos e ás estradas que fixeron de barreira natural. Iso si, o lume obrigou a cortar a luz durante unhas horas na zona.

Gracias a la intervención rápida se pudo evitar la propagación del fuego. Foto del El Ideal Gallego. 


O alcalde agradece, o BNG critica

O rexedor José Ramón Rioboo achegouse pola mañá á zona e destacou tanto o traballo dos efectivos coma o civismo da veciñanza. Aproveitou tamén para reclamar menos burocracia e máis limpeza de montes e fincas.
Mentres tanto, o BNG puxo o dedo na chaga denunciando a falta de medios do servizo municipal de Emerxencias e lembrando que Protección Civil de Culleredo está parada por problemas de seguridade e recursos.

Outro aviso do monte

O lume quedou apagado, pero a ferida segue aberta: queimar de noite e con dous focos non é cousa do azar. Agora tócalle á investigación dar coa man que prendeu o fósforo.
En Culleredo respírase con alivio, pero tamén con esa mestura de rabia e impotencia que nos queda cada vez que arde o monte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???