No próximo sábado 6 de setembro no Museo do Mar de Sorrizo o Grupo Naturalista Hábitat celebra unhas conferencias sobre a toniña, un cetáceo odontoceto pouco coñecido por su maneira de comportarse, fuxir dos humáns e sua progresiva desaparición
Hai quen pensa que coñece ben os mares da nosa terra porque xa viu arroaces saltando preto das rías, pero hai unha especie que vive agochada, case invisible, e que poucos teñen a sorte de contemplar: a toniña, tamén chamada marsopa. Alfredo López, biólogo da Cemma, defínea como unha especie “discreta”, e tanto é así que moitas persoas nin saben que existe nas nosas augas.
A reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas quixo darlle este ano o protagonismo que merece e proclamouna como especie do ano. Para celebralo, o vindeiro sábado 6 de setembro, o Museo do Mar de Sorrizo, en Arteixo, acollerá unhas xornadas de divulgación organizadas polo Grupo Naturalista Hábitat entre as 9:30 e as 14.00 h dentro da XII xornada de "Especie do Ano da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas". No encontro asistirán expertos oceanógrafos, biólogos y veterinarios que colaboran con CEMMA no estudio dos cetáceos. Os asistentes poderán aprender sobre temas como:
-Identificación dos cetáceos.
-Capturas accidentais en actividades pesqueiras.
-Características das toniñas.
![]() |
Toniña. Dyvertisub |
Segundo explica Andrés Pereira, da asociación, a elección non foi casual: a toniña é a que “máis probabilidades ten de desaparición no medio natural de todos os animais que temos seleccionado ata agora”. E iso que nos últimos anos tamén se ten falado doutros seres ben singulares, como o corvo mariño cristado, a mariposa señorita dos brañais ou a salamántiga.
Unha xoia en perigo
Na actualidade, estímase que só quedan entre 300 e 500 exemplares de toniña nas costas galegas, e cada ano aparecen varados entre 14 e 20, unhas cifras que fan tremer aos científicos. Os principais perigos son as capturas accidentais na pesca e a contaminación. Ao contrario que outros cetáceos, a toniña é moi sensible e non se adapta con facilidade aos cambios.
“O problema engádese a que é un animal difícil de ver, pequeno, tímido, afastado das zonas onde vivimos os humanos”, comenta López. Por iso, a maioría da xente non ten nin idea de que convive con nós nas mesmas augas.
Unha cita en Arteixo
As xornadas do sábado contarán con oceanógrafos, veterinarios e biólogos que falarán non só da toniña, senón tamén da situación xeral dos cetáceos na nosa costa. Haberá ademais un simulacro de varamento no porto de Sorrizo, no que a CEMMA traerá unha réplica dun exemplar para ensinar á veciñanza que facer se atopamos un destes animais nas nosas praias: como informar, protexer e mesmo auxiliar ata que chegue a axuda.
O Museo do Mar de Sorrizo en un centro de divulgación científica que foi aberto en xunio do ano pasado aproveitando a construcción dun centro de investigación acuicola que pechou nos anos 80 do século XX. O concello o adquiriu en 2016 ca finalidade de convertilo en un centro de interpretación do mar que dinamice a zona con obradoiros, charlas, visitas de turistas..).
A toniña é unha xoia discreta, que non fai barullo nin busca reflectores. Quizais por iso nos lembra algo de nós mesmos, os koruñeses de barrio: humildes, traballadores, pero cun valor inmenso. Ojalá que a súa historia non remate en silencio no fondo do mar, senón en esperanza grazas ao coidado de todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???