En Koruña sempre soubemos que a nosa cidade vive do mar, da cultura… e tamén do fútbol. E se o Deportivo está hoxe entre as mellores canteiras de España non é por casualidade, senón polo traballo serio que se leva facendo en Abegondo nos últimos anos. Fran, Albert Gil e agora Ismael Arilla teñen marcado un rumbo claro: sacar xogadores da casa e velos debutar algún día en Riazor.
Unha escola de vida, non só de fútbol
Arilla, actual director do fútbol formativo, cóntao moi claro: aquí non se fala de contratos, senón de evolución persoal. Cada rapaz recibe un seguimento detallado: probas de forza e resistencia, datos do GPS, informes técnicos e valoracións humanas. As familias saen das reunións como quen vén dunha titoría escolar: sabéndose escoitadas e co convencemento de que o Dépor quere o mesmo ca elas, que os rapaces medren felices.
La Ciudad Deportivo de Abegondo después de dos décadas continua su desarrollo y mejora. Foto de El Ideal Gallego. |
Captación con cabeza
A estrutura de captación é ampla, con responsables en cada etapa e unha rede de adestradores que cada fin de semana botan olladas a partidos por toda Galicia. Iso si, no club teñen unha máxima: “primeiro o de dentro”. Non se ficha por fichar; se xa hai tres mediocentros de nivel, non se trae un cuarto só porque brilhe noutro lado. Ademais, cada Nadal faise un mapa de necesidades por xeración, revisado logo en marzo segundo evolucións, baixas ou mesmo fugas cara a grandes como o Madrid.
O valor dos convenios
O Dépor reforzou lazos coa AFAC, co San Tirso, co Montañeros… nunha aposta polo fútbol koruñés e galego como viveiro natural. Estes acordos permiten que os xogadores experimenten contextos diferentes e completen a súa formación. A idea, segundo Arilla, é unificar convenios, axudar aos clubs de barrio e abrirlle os brazos a toda Galicia.
Formación integral
Aquí non chega con ter calidade co balón. En Abegondo mídese tamén a condición física e, sobre todo, a vida fóra do campo. Arilla insiste: un bo futbolista sen hábitos saudables ten o camiño moi difícil. Por iso o Dépor ofrece nutrición, psicoloxía, seguimento académico… todo para que a rapazada teña unha folla de ruta clara.
O reto do futuro
A filosofía é sinxela pero esixente: que a prioridade sexan sempre os canteiráns, e que só se acuda ao mercado cando non hai quen dea o nivel. A tempada pasada xa se viu a diferenza respecto a canteiras como Betis, Valencia ou Madrid, e o propio club fixo autocrítica para seguir mellorando. A mensaxe é clara: aquí vai xogar quen queira estar, sen mendigar a ninguén.
En definitiva, o Deportivo está a sementar en Abegondo cun proxecto serio, con datos, corazón e orgullo koruñés. O soño? Que dentro duns anos celebremos goles en Riazor marcados por rapaces que naceron, aprenderon e medraron coas cores do Dépor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???