Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

domingo, 25 de enero de 2026

C.S.I. Koruña Rabuña na semana de Ingrid

 Mentres a borrasca Ingrid se dedicaba a rebentar a duna de Riazor e deixarnos sen semáforos, a crónica negra da cidade non se quedou atrás, regalándonos unha semana que parece escrita por un guionista de Hollywood. E é que non todos os días espertas sabendo que un dos dez fugitivos máis perigosos de España levaba tempo compartindo panadería contigo en Meicende, nin que un veciño do Agra decidira converter a rúa Villa de Cee nun campo de tiro particular.

Atrapan a o pederasta de Meicende

O de Daniel Vázquez Patiño foi de película, pero das de medo. Este tipo, un pederasta condenado que levaba cinco anos fuxido da xustiza por agredir de forma continuada a unha nena de 10 anos, pensou que camuflarse na zona de Meicende era o plan perfecto. Pero o xoves a sorte acabouselle cando os GOES lle botaron a porta abaixo. O tipo non se rendeu con flores: intentou cravarlle un coitelo a un axente, quixo escapar polos tellados e ata ameazou con tirarse ao baleiro. Ao final, o que o Ministerio do Interior definía como un criminal "extremadamente violento" acabou esposado, poñendo fin a unha fuxida que tiña en albas a todo o país. Saber que un depredador así vivía a un paso de Koruña coa maior discreción posible pon os pelos de punta a calquera.

O momento final no tellado. Foto de "La Voz de Galicia"

O monstro de Meicende: a vida secreta e o violento final da fuxida do pederasta máis buscado

Mentres os veciños da rúa Touriñana, en Meicende, facían a súa vida normal, no segundo andar do número 16 agochábase un auténtico pesadelo. Daniel Vázquez Patiño, o koruñés que figuraba como un dos fugitivos máis perigosos de España, levaba meses vivindo nun edificio antigo e comido polo lixo, intentando que o seu pasado de "brutal violencia" quedase enterrado entre as paredes dun bloque que ninguén sospeitaba.

Axentes do grupo Goes. Foto de La Voz de Galicia. 



Un agocho entre lixo e silencio

A vida de Vázquez Patiño en Meicende era a dunha pantasma. Residía coa súa actual moza nun piso que os axentes describiron como un escenario de abandono: basura espallada polas escaleiras e dentro da propia vivenda. A pesar de levar unha vida "moi discreta", o Grupo de Localización de Fugitivos non lle quitou o ollo ao seu entorno familiar, sospeitando que recibía axuda para manterse oculto tras pasar por Pontevedra e a zona de Fisterra.

O xoves, cando os GOES botaron a porta abaixo ao amencer, non atoparon a un home durmido. Ao berro de "¡Policía!", o fuxido activou o seu instinto máis violento:

  • Duelo no tellado: escapou cara á parte alta do edificio. Alí, nun cara a cara de alta tensión, esperou a un axente cun coitelo na man.

  • A ameaza final: tras apuntar ao policía coa arma branca, ameazou con tirarse ao baleiro. Só a rapidez do axente, que se lle botou enriba nun segundo, evitou unha traxedia e logrou reducilo no chan.

O criminal esposado. 


Un historial de terror: 23 anos de cárcere pendentes

O que a xustiza ten agora entre mans non é só un fugitivo, é un home que se enfronta a unha petición fiscal de 23 anos de prisión por delitos cometidos entre 2012 e 2016. Os detalles que saíron á luz son arrepiantes:

  • Agresións á filla da súa ex: durante catro anos, abusou da filla menor da muller coa que convivía, usando golpes na cabeza para dobregar a súa vontade.

  • Ameazas de morte: dicíalle á nena que a mataría a ela e a toda a súa familia se falaba, prohibíndolle ter mozo coa frase: "Es miña".

  • A "amiga" convidada: en 2014, aproveitou que unha amiga da nena quedou a durmir na casa para metese na súa cama e agredila cunha "violencia extrema"

 O seu novo destino: Teixeiro

Tras dúas noites en prisión, o xuíz xa ditou o seu ingreso preventivo. Daniel Vázquez Patiño, pai dunha nena e ex-mestre de música, non só será xulgado polas agresións sexuais continuadas; tamén terá que responder pola súa fuga e polo atento contra o axente ao que intentou acoitelar en Meicende.

Hoxe Meicende dorme un pouco máis tranquila, pero o medo queda no corpo. ¿Como é posible que alguén con este historial vivise a un quilómetro da Coruña sen que ninguén notase nada? O "manto de normalidade" que algúns criminais son capaces de crear é o que máis asusta. Esta vez, a pericia da Policía Nacional foi máis rápida que o coitelo de Vázquez Patiño.

O francotirador de balíns en Agra do Orzán

E por se non tiñamos bastante co fugitivo, o sábado a o mediodía tocoulle a quenda ao Agra do Orzán. Alí, na rúa Villa de Cee, un veciño decidiu que era boa idea empezar a disparar dende a súa ventá contra o edificio de enfrente. Imaxina o percal: a policía cortando as rúas, os veciños metidos debaixo da cama e os francotiradores apostados nos tellados mentres un negociador intentaba que o home non fixese unha trasfada maior. Tras tres horas de tensión máxima que paralizaron o barrio, o tipo abriu a porta e soltou a frase do ano: "Que só estaba xogando cunha pistola de balines". Aínda que a arma fose de aire comprimido, os impactos na fachada quedaron alí como recordo dun susto que no barrio tardarán en esquecer. A o parecer tratabase de un ex lexionario apodado o Lexías. 

A policía paralizou a rúa Cee. Foto de "La Voz de Galicia".

Tres policías nacionais no momento de tensión po lo
francotirador de Agra do Orzán. Foto de La Voz de Galicia. 

Koruña está demostrando estes días que ten os nervios de aceiro. Entre que Ingrid nos quere levar por diante e que a seguridade se ve sacudida por estes episodios, o que está claro é que aquí non nos aburrimos. Sexa como sexa, as forzas de seguridade estiveron á altura nunha semana onde a cidade, entre tronos e sirenas, non tivo un segundo de respiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???