Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

lunes, 26 de enero de 2026

O Dépor volve a caer en Riazor e queda lexos do ascenso directo

A borrasca Ingrid non foi o único que golpeou a Koruña este fin de semana. O que vivimos hoxe en Riazor foi un baile de realidade (0-1), un barreño de granizo de Ingrid caendo na ducha.  O Deportivo de Antonio Hidalgo puxo o fútbol, o corazón e o asedio, pero o Racing de Santander puxo os puntos, a veteranía e esa "maldade" necesaria para mandar na Liga Hypermotion. O resultado déixanos quintos, a sete puntos dun liderado que hoxe parece de outra galaxia, e coa sensación de que ao noso proxecto aínda lle faltan algunhas cicatrices para madurar.

Unha primeira parte de "pizarra" e xogo subterráneo



O partido arrancou con cheiro a final. Hidalgo moveu as súas pezas: Mario Soriano no dobre pivote para dar saída e Villares na mediapunta para asfixiar a creación cántabra. O plan funcionou. O Dépor desconectou ao líder, mandou no balón e someteu ao Racing a un asedio constante por bandas con Altimira e Quagliata percutindo unha e outra vez.

Equipo titular. Foto de La Voz de Galicia

Porén, o Racing de José Alberto demostrou por que está arriba. Sen o balón, defendéronse "no límite do regulamento". Mantilla encargouse de "benvida" a Yeremay con constantes recados que o colexiado Muñiz Muñoz permitiu con demasiada manga ancha. O Dépor aceptou o reto da agresividade, liderado por un Noubi imperial que hoxe foi o mellor, pero ao chegar á "caixa de castigo", a luz apagábase. Moita chegada, moito centro, pero Ezkieta foise ao descanso sen ter que facer nin unha soa parada de mérito.

O momento que mudou todo: O erro de Mella e o oficio de Canales

A segunda metade seguiu o mesmo guión ata que o cansazo e os detalles decidiron. Quagliata tivo o gol nun "misil" que Ezkieta desviou coa punta dos dedos, acendendo un Riazor que cantaba o gol. Pero mentres o Dépor perdoaba, o Racing esperaba.

A lección de madurez chegou no minuto 60. David Mella, que acababa de entrar para dar velocidade, cometeu o erro que se paga caro nesta categoría: relaxarse un segundo nun saque de esquina en curto. Peio Canales, máis listo que ninguén, recibiu na frontal, recortou e mandou o balón á rede polo único oco que quedaba. Un 0-1 que caeu como un raio sobre o céspede.

O apagón de Hidalgo e a impotencia final

O gol deixou en choque ao equipo, e os cambios de Hidalgo non axudaron. Retirar a Luismi Cruz, o xogador máis clarividente con diferenza, xusto antes do tanto visitante, deixou ao Dépor sen compás. As entradas de Patiño e Stoichkov non foron a solución; o equipo pasou de xogar ao fútbol a xogar ao "futbolín", colgando balóns á desesperada fronte a unha muralla de tres centrais cántabros que se sentían cómodos nese escenario.

A ocasión final de Patiño, que se estrelou no lateral da rede, foi o resumo perfecto: moito ruído e poucas noces. O Racing celebrou o final no céspede cunha rabia que demostra a importancia do botín, mentres Riazor despedía aos seus entre a frustración de ver como se escapaba unha oportunidade de ouro tras os pinchazos de Las Palmas e Almería.

Celebración do Racing a o final do partido con Riazor valeiro. Foto de Diario As. 

As consecuencias: O ascenso directo alónxase

A clasificación non mente e é un "timeline" doloroso:

  • A 7 puntos do Racing de Santander (o líder xa escapa).

  • A 2 puntos do ascenso directo (Castellón).

  • O quinto posto en perigo: Con 37 puntos, o Sporting de Gijón xa nos pisa os talóns a só un punto de distancia.

O Dépor só gañou 4 partidos en casa en toda a tempada. Ese é o verdadeiro lastre. Riazor ten que ser un fortín e hoxe volve ser un xardín onde os rivais pasean o seu oficio.

A afición volveu a responder pero o seu equipo outra vez decepcionou. Foto de La Voz de Galicia

Hoxe aprendemos que o talento sen "maldade" non serve para ser campión. O Racing de Santander veu á Koruña a facer un traballo sucio e profesional, e levouno feito. A nosa afección, que desafiou a Ingrid e o frío, merecía máis, pero o fútbol non entende de merecementos, entende de meter a pelota na "xaula". Toca levantarse, pero o camiño a Primeira hoxe ten un par de pedras máis no zapato.

Uno a Uno

A PORTARÍA

  • ÁLVARO FERLLO (6): sen moito traballo pero seguro. No gol de Canales non puido facer nada: o balón desviouno Eddahchouri e pasou por un bosque de pernas.

A DEFENSA

  • ALTIMIRA (5): sacrificado pola causa. Subiu ben a banda pero foi o cambio elixido por Hidalgo para buscar máis pólvora.

  • NOUBI (7): o "Patrón". Imperial por terra e aire. Salvou un gol cantado tras un erro de Loureiro. Está para ser titular indiscutible.

  • LOUREIRO (5): "curtido" pero con susto. Unha perda súa case nos custa a sentenza antes de tempo. Exerceu de líder dando ordes, pero non foi o seu día máis limpo.

O CENTRO DO CAMPO

  • JOSÉ ÁNGEL (7): o "Director". De máis a menos. Na primeira parte non fallou un pase, pero cando o partido se rompeu tras o gol, custoulle soster o medio el só.

  • SORIANO (6): "conductor". Intentouno sempre, pero faltoulle a claridade habitual para romper liñas. Todo o xogo pasou por el, pero sen o "veneno" necesario.

  • VILLARES (5): "irregular". Xogar tan adiantado desconéctao da creación. Tivo o empate pero a defensa cántabra bloqueou o seu tiro no último suspiro.

O ATAQUE

  • LUISMI CRUZ (6): "insistente". Deulle moito traballo a Salinas e o equipo medrou coas súas arrancadas. Foi o primeiro cambio de Hidalgo, unha decisión que Riazor non entendeu.

  • EDDAHCHOURI (6): "laborioso". Deixouse a alma presionando, pero non cheirou a portería. Para colmo, viu a quinta amarela e estará un partido na neveira.

  • YEREMAY (7): "encendido". O canario sempre quere. Aínda vixiado por tres tíos, deulle un "caramelo" a Stoichkov que era o 1-1. É o único que de verdade asusta ao rival.

  •  O MELLOR: QUAGLIATA (8): "animado". Foi un puñal pola esquerda. Tirou do carro e obrigou a Ezkieta a facer a parada da noite. Hoxe foi o xogador máis perigoso.


OS CAMBIOS (Onde se perdeu o partido)

  • MELLA (4): o "sinalado". Saíu tarde na foto do gol por non tapar a frontal. En ataque intentouno, pero ese erro defensivo foi unha laxa demasiado pesada.

  • STOICHKOV (4): perdoou o imperdoable como nas Palmas.  Yeremay deixouno só ante o porteiro e mandouna fóra. Nestes partidos, iso é un pecado capital.Non está ben e pasa por lo seu peor momento. 

  • MULATTIERI (6): deulle outro aire ao ataque. Cargou a área e tivo o empate, pero o seu remate saíu demasiado centrado.

  • PATIÑO (5): revolucionado. Dez minutos, unha amarela e un tiro ao lateral da rede que medio estadio cantou como gol. Pura adrenalina sen premio.

  • ESCUDERO (5): a mellor noticia foi a súa volta tras tres meses. Puxo centros con criterio, pero faltou quen os rematase.

Deportivo 0 - 1 Racing  de Santander

Deportivo: Álvaro Ferllo; Altimira (Patiño, m.75), Lucas Noubi, Loureiro, Quagliata (Escudero, m.75); José Ángel, Villares (Stoichkov, m.68); Luismi Cruz (Mella, m.60), Mario Soriano, Yeremay; Eddahchouri (Mulattieri, m.68).
​Racing de Santander.: Ezkieta; Mantilla (Sangalli, m.60), Pablo Ramón, Facu González, Salinas; Gustavo Puerta, Damián Rodríguez (Maguette, m.75); Andrés Martín (Suleiman, m.75), Peio Canales, Iñigo Vicente (Javi Castro, m.87); Manex Lozano (Guliashvili, m.60).
​Goles: 0-1, m.63: Canales.
​Árbitro: Carlos Muñiz (C. aragonés). Expulsó a Mantilla en el Racing con o  partido finalizado e amonest ou a Eddahchouri (m.60), Stoichkov (m.73) y Patiño (m.83) no Deportivo y a Mantilla (m.45), Puerta (m.71) y Sangalli (m.90+5) nno Racing de Santander.
​Incidencias: Estadio de Riazor, 24.401 espectadores. Partido da xornada 23 de LaLiga Hypermotion. Antes do partido se guardpu un minuto de silencio en memoria das víctimas del accidente ferroviario de a semana pasada en Adamuz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???