Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

domingo, 22 de febrero de 2026

Dépor 1 - Eibar 0 con mal fútbol e con falta de enerxía

O Dépor volveu gañar en Riazor. E fíxoo como tantas veces esta tempada: cun gol, sufrindo ata o último suspiro e deixando unha mestura de alivio e dúbidas no ambiente. O 1-0 ante a SD Eibar vale tres puntos fundamentais, pero non abonda para apagar o runrún dunha bancada que quere máis fútbol e menos agonía.

O heroe foi Zakaria Eddahchouri, que rompeu a súa seca goleadora ao cuarto de hora de xogo, en pleno Ramadán, aproveitando unha xogada maxistral de Mario Soriano, unha vez máis o faro ofensivo dun equipo ao que non lle sobra nada.

Mario Soriano volveu a demostrar o bon xogador que é. Foto de DXT

O fútbol é un deporte de áreas, e o sábado en Riazor esa máxima foi a única que salvou ao Deportivo de outro tropezo. O marcador di 1-0, pero o que se viu no verde foi a imaxe dun equipo, o de Antonio Hidalgo, que parece estar coa batería en modo aforro. Ante un Eibar mandón e agresivo, o Dépor dedicouse a sobrevivir máis que a xogar.




Un inicio con intención… e aviso armero

Saíu ben o Dépor. Con dobre pivote formado por Riki e Villares, con Escudero afinando a zurda desde o lateral e con Mella e Altimira activando a banda dereita. O propio Escudero estivo a piques de sorprender cun córner olímpico que Cubero sacou sobre a liña. Pouco despois, Villares cabeceou alto cando o gol parecía cantado.

Pero o Eibar tamén avisou. Martón gozou dunha dobre ocasión clarísima: primeiro obrigando a Ferllo a sacar unha man providencial, despois enviando fóra o rexeite. Corpas tamén probou desde lonxe. O partido era aberto, con alternativas.


O talento de Soriano e a redención de Zaka

No minuto 15 chegou o momento clave. Altimira conectou con Soriano, que se inventou unha acción de salón dentro da área: caracoleo, cambio de ritmo, liña de fondo e pase atrás medido. Zaka anticipouse a Marco Moreno e empurrou á rede.

O Percebeiro volveu a pescar despois de meses. Foto de RCD

Riazor respirou. O neerlandés poñía fin a case tres meses de seca. Un gol sinxelo na execución, pero enorme no simbolismo.

Celebración del gol. Foto de La Voz de Galicia

A partir de aí, o Dépor tentou gobernar co balón, apoiado en Riki e no propio Soriano. Pero o partido non quedou baixo control.


Blindarse e sufrir

Co paso dos minutos, o Eibar foi medrando. Hidalgo detectou os problemas no costado esquerdo e reaxustou o sistema, chegando a formar liña de tres centrais e situando a Mella como carrileiro para protexer a Escudero.

A sensación era clara: a vantaxe era mínima.

Nada máis volver do descanso, Peru Nolaskoain cabeceou alto un centro perigoso. E o aviso serio chegou con Adu Ares, que se converteu no máis incisivo dos visitantes. Primeiro tropezou cando xa pisaba área; despois estrelou un disparo no pau dereito de Ferllo. Riazor contivo a respiración.

O Dépor apenas respondeu cunha parede entre Villares e Yeremay e algunha contra illada. O Eibar dominaba, o balón queimaba e o medo reaparecía.


Cambios, ocasións… e agonía final

Hidalgo moveu o banco: entraron Patiño, Jurado e Mula para recuperar o temón. O británico deixou personalidade e tivo dúas opcións claras, pero faltou puntería. Mula tamén probou, obrigando a intervir a Magunagoitia.

O último cuarto de hora foi un intercambio de golpes. Guruzeta tivo a súa, Mulattieri lanzou unha contra que non atopou remate limpo e o partido entrou nun desconto de infarto.

No 94, ata Magunagoitia subiu a rematar unha falta lateral, emulando vellos fantasmas doutros tempos. O seu cabezazo acabou nas mans de Ferllo. A continuación, Yeremay autoexpulsouse nunha acción tan evitable como innecesaria, deixando unha nota agridoce no peche.


Tres puntos… e moitas preguntas

O Dépor suma. E iso, na clasificación, é ouro. Pero volve quedar a sensación de equipo frágil cando se adianta, incapaz de matar os partidos e condenado a vivir ao límite.

O mellor, o resultado e a reaparición goleadora de Zaka. O máis preocupante, a perda de control e o sufrimento excesivo ante un Eibar que dominou a segunda metade.

Riazor celebrou. Pero tamén esixe. Porque gañar así dá vida… aínda que non acabe de dar tranquilidade.

Yeremay: a apagada da estrela e o epílogo máis amargo

Se hai algo que o sábado preocupou a Riazor foi o estado de Yeremay Hernández. O canario, do que sempre se agarda o imposible, estivo completamente apagado. Sen faísca, sen desborde e, o que é peor, cunha linguaxe corporal que denotaba unha falta de enerxía alarmante.

Yeremay aportó muy pouco. E preocupante seu rendemento nos últimos encontros

O "10" herculino non atopou o seu sitio no campo, e a súa tarde de pesadelo culminou no minuto 96. Tras encararse con Marco Moreno e ver a segunda amarela, Yeremay foi expulsado, deixando ao equipo sen o seu maior talento para a vindeira xornada ante a Real Sociedade B. Unha expulsión que resume un partido onde a frustración gañou á maxia.

O Eibar perdona e Riazor bufa

A segunda parte foi un monólogo vasco. O equipo de Beñat San José dominou a posesión e xerou ocasións abondo para empatar. Adu Ares estrelou un balón no pau que fixo que a respiración de 22.000 persoas se detivera por un segundo, e Guruzeta perdonou o 1-1 nun disparo que marchou alto cando o estadio xa temía o peor.

O Dépor, namentres, era incapaz de saír ao contrataque. Xogadores como David Mella ou o propio Yeremay non tiñan pernas para correr, e a sensación de fatiga era evidente en cada balón dividido. A entrada de Patiño ou Mulattieri non cambiou o guion dun equipo que se limitou a defender o forte con máis corazón que fútbol.

Escudero: o guante que non ten pernas

A volta de Sergio Escudero á titularidade foi un resumo perfecto do que é o fútbol hoxe en día. Por unha banda, un guante no pé: puxo córners con intención de "gol olímpico" e case asiste a Villares nun cabezazo que marchou alto. Por outra, a crueldade da idade: Beñat San José detectou axiña que a "fenda" estaba no carril zurdo blanquiazul.

O Eibar non deixou de xirar a porca por esa banda, aproveitando que a Escudero xa lle falta o brío para repregar. Martón tivo un man a man que Ferllo sacou cunha man providencial, avisando de que o Dépor ía ter que suar sangue para manter a vantaxe.

O "Búnker" de Hidalgo e os asubíos de Riazor

A partir do gol, o Deportivo fixo o que mellor (ou peor) sabe facer este ano: recuar. Antonio Hidalgo, detectando que o Eibar dominaba a posesión, decidiu blindarse con tres centrales e mandar a Mella ao carril.

A estratexia non gustou nada na bancada. No minuto 50, tras un cabezazo alto de Peru Nolaskoain e a sensación de que o Dépor renunciara a atacar, Abanca Riazor rompeu a asubiar. A xente quería ver fútbol, non un "experimento social" de resistencia numantina. A tensión subiu de voltios cando Adu Ares (o mellor dos vascos) estrelou un balón no palo tras meterse na área como Pedro pola súa casa.

Valoracións

Aquí están as valoracións de cada xogador do Dépor según La Voz de Galicia y el Deporte Campeón

XogadorDeporte CampiónLa Voz de GaliciaDiferenzas de Criterio
Álvaro Ferllo66Consenso: Ambos destacan a parada clave a Martón no minuto 8 e a súa seguridade ante o cabezazo final do porteiro rival.
Altimira68Discrepancia: La Voz premia a súa proxección ofensiva (aplausos de Riazor); DC di que foi de máis a menos e que desapareceu na segunda.
Lucas Noubi58 / 6O gran debate: DC suspéndeo por "confiado" no erro ante Martón; La Voz dálle un 8 polos seus 12 despexes, aínda que recoñece a súa "laguna".
M. Loureiro68Apreciación: La Voz encántalle o seu xogo aéreo (2/3 duelos); DC valora que fose solvente, pero penalízao pola amarela por perder tempo.
S. Escudero57Clase vs Físico: La Voz valora moito o seu "guante" e o gol olímpico que case mete; DC viu "moi pouco" ante a falta de brío físico.
Riki57Presenza: La Voz destaca que deu "saída limpa" ao balón; DC sinala que foi perdendo folgos e presenza co paso dos minutos.
D. Villares66Consenso: Gustou a súa versión ofensiva chegando desde atrás, aínda que lle faltou puntería nos seus dous cabezazos.
David Mella56Frustración: Coinciden en que estivo intermitente e que o novo sistema (carrilero) non o axudou a explotar a súa velocidade.
M. Soriano78O MVP: Ambos fican marabillados coa súa xogada no gol. DC destaca que "xogar no seu sitio" o fai imparable.
Yeremay56A Vermella: DC di que estivo "desquiciado"; La Voz recoñece que fabricou unha ocasión clara pero a expulsión baixa a nota.
Eddahchouri67Redención: Valorase que rompera a súa seca de 3 meses, aínda que DC lembra que tivo perdas de balón desesperantes.
C. Patiño67Enerxía: La Voz di que "mellorou ao equipo" cando máis sufría; DC destaca a súa dobre ocasión para sentenciar.
Mulattieri67Esforzo: Ambos destacan os seus desmarques e o traballo sen balón para dar aire no tramo final.
Ximo Navarro57Oficio: La Voz destaca que sacou unha falta "da nada" para dar aire; DC cualificouno de "cumplidor" sen máis.

Notas  sobre a comparativa:

A "Guerra" por Noubi e Alti: La Voz foi moito máis xenerosa coa liña defensiva, case ignorando os erros puntuais en favor do volume de traballo (despexes e subidas). Deporte Campión, pola contra, foi "o profesor duro" que che baixa a nota se cometes un erro grave aínda que o resto fose ben.

O efecto Soriano: É o único xogador que rompe a barreira do 7 en ambos medios. Se Soriano non inventa o gol, as notas de hoxe serían de auténtico "cate" xeral.

A expulsión de Yeremay: Curiosamente, La Voz manténlle un 6 a pesar da vermella, valorando o fútbol que puxo antes, mentres que o Campión non lle perdoa o desquicie final.

Estadísticas (La Opinión)


Nota técnica del partido




Deportivo: Álvaro Ferllo; Atimira, Lucas Noubi, Loureiro, Escudero (Ximo Navarro, m.72); Villares (Patiño, m.68), Riki (José Ángel, m.68); Mella (Luismi, m.77), Mario Soriano, Yeremay; Eddahchouri (Mulattieri, m.68).
​Eibar: Magunagoitia; Cubero (Álvaro, m.87), Peru Nolaskoain, Moreno, Jair (Magunazelaia, m.87), Corpas; Sergio Álvarez (Bautista, m.82), Javi Martínez (Guruzeta, m.68); Garrido, Adu Ares (Madariaga, m.68), Martón.
​Goles: 1-0, m.15; Eddahchouri.
​Árbitro: Manuel Jesús Orellana (c. andaluz). Expulsó a Yeremay por doble amarilla (m. 90 y m.90+7) y amonestó a Escudero (m.65), Luismi Cruz (89'), Noubi (m.90+3) y Loureiro (m.90+5) en el Dépor y a Marco Moreno (m.90+7) en el Eibar.
​Incidencias: Estadio de Riazor, 22.684 espectadores. Partido correspondiente a la jornada 27 de LaLiga Hypermotion.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???