Hai vitorias que non se celebran con foguetes, senón cun suspiro longo e unha ollada á clasificación. A do Dépor en Zubieta é unha desas. Fea, sufrida, chea de erros e momentos de desconcerto, pero tamén enorme polo que significa. O Deportivo venceu á Real Sociedad B por 2-3 cun gol de Mario Soriano na prolongación, para igualar os postos de ascenso directo e seguir soñando con todo, incluso cando parece que non hai fútbol para tanto soño.
Non foi un bo partido. Nin sequera un partido aceptable durante moitos minutos. Pero foi un partido de fe, de insistencia e de supervivencia. E nesta Segunda División ás veces iso chega.
Gol temperán e falsa tranquilidade
O encontro comezou da mellor maneira posible. No primeiro minuto, Stoichkov aproveitou un erro groseiro do porteiro local tras un bo centro de Luismi Cruz. O balón quedou morto na área e o andaluz, que non partía como titular desde xaneiro, non perdoou. Houbo protestas por fóra de xogo, pero o mal despexe habilitaba ao atacante tras consulta co VAR. 0-1 e todo parecía encaixar.
| Diparo de Stoichkov no que non foi o 0-2. Foto de As |
Pouco despois, o propio Stoichkov tivo o segundo cun disparo que se lle escapou ao gardameta e bateu no pau.
Semellaba que iamos ver un vendaval, especialmente cando Stoichkov mandou o balón ao pau aos quince minutos. Pero foi un espellismo. O Dépor desenchufouse e entregoulle as chaves do partido aos "potrillos" da Real.
A teoría dos "30 pases cara a ningures"
Aquí é onde a crónica se pon fea. Tras o gol, o Dépor entrou nun estado de parálise táctica. Un dato retrata o deserto de ideas: entre o minuto 11 e o 13, o equipo encadeou 30 pases seguidos. O resultado? Empezaron cun saque de banda en campo contrario e, tras pasar polas botas de case todo o equipo (incluíndo ao porteiro), perderon o balón exactamente no mesmo lugar onde sacaran.
Foi un fútbol plano, horizontal e medorento. Mario Soriano e Riki, lonxe das zonas de perigo, limitábanse a asegurar o pase curto en campo propio mentres a Real B os asfixiaba cunha presión que o Dépor non sabía como saltar.
A Real B toma o control
A Real Sociedad B foise soltando e, tras unha perda no medio campo, chegou o empate. O disparo de Ochieng, desviado tras bater nun defensa, quedou morto sobre a liña e Astiazaran empurrou á rede. Un gol con carambola, pero tamén merecido polo que estaba pasando no campo.
A partir de aí, o filial donostiarra foi mellor. Máis intenso, máis vertical e máis convencido. Beitia rozou o gol, Ferllo tivo que saír con todo para abortar un contragolpe e o Dépor perdeu completamente a partitura. Custáballe unha barbaridade enlazar pases, Riki e Soriano non daban contido ao centro do campo e atrás cada balón dividido era unha moeda ao aire.
O descanso chegou como un alivio para os koruñeses.
Desorde, cambios e outro erro fatal
A segunda parte non arrincou mellor. Quagliata tivo que salvar un centro perigosísimo e Garro perdoou un remate claro tras outra mala saída desde atrás. Hidalgo moveu pezas: Mella xa estaba na dereita, Patiño, que saliu por Zakaria na segunfa parte, pasou á esquerda , Soriano volveu á mediapunta e Stoichkov quedou como referencia arriba. Máis control, menos fútbol.
Pero cando parecía que o Dépor respiraba, chegou outro agasallo. Loureiro buscou a Noubi na saída, Job Ochieng anticipouse e fusilou a Ferllo para o 2-1. Media hora por diante e o partido pintaba moi escuro.
Nese momento, o crédito de Hidalgo ca grada de Zubieta chea con 500 deportivistas esgotábase. Do "que ben imos" de Stoichkov pasamos ao "Hidalgo vaite xa" en menos dunha hora de reloxo.
A inferioridade que cambia todo
A reacción chegou máis por empuxe que por claridade. Un centro de Quagliata estivo a piques de atopar a Patiño, e pouco despois a Real B quedou con dez xogadores no 71 pola expulsión de Mikel Rodríguez (segundo cartón amarelo). A partir de aí o partido virou cara á área local.
Co equipo afundido, Hidalgo tirou do que tiña a man: Bil Nsongo. O fabrilista, que levaba un mes sen contar, saíu como último recurso por Stoikov no minuto 73.
Chegaron centros, segundas xogadas, intentos sen demasiada precisión… ata que apareceu no minuto 83 Bil Nsongo. Tras outro centro de Quagliata, o balón quedou rexeitado tras un despexe horroroso da defensa realista, o dianteiro do Fabril regateou a Beitia e sacou un xiro espectacular para cruzar á rede fora do alcance dos brazos de Fraga. Un golazo. Dos que non se discuten.
| Momento en el que Bill dispara con el interior del pie. Foto de La Voz de Galicia |
O rapaz acababa de salvar os mobles dun equipo que non atopaba a porta.
O 2-2 deu vida a un Dépor que cheirou o sangue, aínda que seguía sen xogar ben. Todo parecía abocado ao empate.
O Joker nunca falla
Pero cando as pernas pesan e a cabeza xa pensa no punto, aparece el. No tempo engadido, Soriano atacou o espazo, recibiu en carreira e bateu, con tiro raso a romper, por baixo a Fraga en outro errro do porteriro que non supo bloquear o balón . 2-3. Un deses goles que valen máis que tres puntos. Un deses goles que explican por que, cada vez que Mario marca, o Dépor adoita gañar.
| Celebración da remontada. Foto de La Voz de Galicia |
Non foi unha obra mestra. Foi un exercicio de resistencia.
Tres puntos e moitas preguntas
O Dépor suma cinco vitorias nas últimas sete xornadas e iguala os postos de ascenso directo. A clasificación sorrí, pero o xogo segue xerando dúbidas. O equipo é capaz do mellor e do peor no mesmo partido, ás veces no mesmo minuto.
En Zubieta non houbo identidade nin control, pero si orgullo, fe e algún talento diferencial que aparece cando todo se torce.
E mentres siga aparecendo, en Koruña seguiremos soñando. Aínda que sexa cos dentes apretados.
| Jugador | La Voz de Galicia | dxt Campeón |
| Álvaro Ferllo | 4 - No marcó diferencias ni con manos ni pies. | 5 - Poco que hacer en los goles. |
| Adrià Altimira | 5 - Provocó la roja, mejor en la primera parte. | 6 - Asistente de lujo en el gol de Soriano. |
| Lucas Noubi | 3 - Su partido más flojo y errático. | 5 - Mal ubicado y sustituido tras el 2-1. |
| Miguel Loureiro | 3 - Grave error horizontal en el 2-1. | 5 - Error puntual tras un inicio expeditivo. |
| G. Quagliata | 6 - Regresó con hambre y puso buenos centros. | 5 - De menos a más; su centro acabó en gol de Bil. |
| Riki | 6 - Trató de dar sentido a la salida de balón. | 6 - Mejor salida de balón con él de "seis". |
| Mario Soriano | 8 - Impecable en el pase; selló el triunfo. | 7 (El Mejor) - Salvador y goleador en el descuento. |
| Luismi Cruz | 4 - Escasa participación en su regreso al once. | 5 - Desaparecido, el equipo no lo encontró. |
| David Mella | 6 - Cumplió bien en ambas bandas. | 5 - Intermitente, no pudo irse por velocidad. |
| Stoichkov | 5 - Aprovechó el error del meta para el 0-1. | 5 - Marcó el primero y el palo le quitó el segundo. |
| Z. Eddahchouri | 3 - Versión muy gris, sin ocasiones. | 5 - Desaparecido, ni un tiro a puerta. |
| Bil Nsongo | 8 (El Mejor) - Providencial con el gol del empate. | 7 - Marcó un golazo al poco de salir. |
| Charlie Patiño | 6 - Salió con ganas y rozó el gol de cabeza. | 6 - Ayudó y casi marca. |
| José Ángel | 4 - Salió para dar empaque pero no estuvo fino. | 5 - Sobrepasado por el ritmo del partido. |
| S. Mulattieri | 4 - Sigue sin aprovechar sus oportunidades. | 6 - Bajó el balón con criterio y lo aguantó. |
| Arnau Comas | 5 - Mejoró el rendimiento defensivo general. | 6 - Dejó buenos minutos tras sustituir a Noubi. |
| Os once que saíron a xogar en Zubieta. Foto de La Voz de Galicia |
Ficha técnica
Real Sociedad B, 2: Fraga; Garro, Beitia, Ayo (Agote, min 84), Balda; Mikel Rodríguez, Carbonell, Aguirre (Gorosabel, min 75); Astiazaran (Kita, min 84), Mariezkurrena (Carrera, min 63) y Ochieng (Marchal, min 75).
Deportivo, 3: Álvaro Ferllo; Alti, Noubi (Arnau Comas, min 63), Loureiro, Quagliata; Riki (Mulattieri, min 63), Mario Soriano; Luismi Cruz (José Ángel, min 54), Stoichkov (Bil, min 73), Mella; y Zakaria (Patiño, min 54).
Goles: 0-1, min 2: Stoichkov. 1-1, min 23: Astiazaran. 2-1, min 59: Ochieng. 2-2, min 83: Bil Nsongo. 2-3, min 90+4: Mario Soriano.
Árbitro: Sergiu Muresan (Comité valenciano). Expulsou al local Mikel Rodríguez por dos amarelas (min 68 y 73). Amonestou a o local Garro, e al deportivista Alti.
Estadísticas del partido (Bessocer).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???