Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

lunes, 29 de junio de 2026

Asesinato en plena luz do día en Os Rosales: Jaime, un veciño coñecido, morto a navalladas a metros da súa casa

 Koruña viviu onte un crime brutal que deixou conmocionada a todo o barrio de Os Rosales. Sobre as 13:30 horas do domingo 28 de xuño, Jaime (J.M.M.), un home de 55 anos, foi apuñalado no pescozo nun xardín próximo á rúa Manuel Azaña, onde vivía con súa nai. A pesar da gravidade da ferida, conseguiu camiñar uns metros buscando axuda, pero acabou desplomándose na travesía de Os Rosales, xunto ao colexio Emilio Pardo Bazán, nun charco de sangue que impresionou a todos os veciños.

Morreu desangrado. A ambulancia do 061 chegou axiña, pero xa non puido facer nada. A Policía Local e Nacional acordonaron a zona de inmediato, con ata oito dotacións no lugar, e a xuíza de instrución ordenou o levantamento do cadáver tras as comprobacións da Policía Científica e o forense.Un crime premeditado en barrio tranquiloO agresor actuou con frialdade: levaba a cara tapada (gorra, capucha e mascarilla), abordouno directamente e fuxiu. Os testemuños apuntan a un home con tatuaxes nas mans, veciño do próximo barrio de Labañou, coñecido pola policía por incidentes violentos anteriores (incluídos antecedentes por intento de homicidio e malos tratos). Os axentes peinaron a zona e preguntaron en comercios buscando a este individuo.
A polícía rodea a o cadáver. Foto de La Opinión Coruña


A investigación da Policía Nacional apunta principalmente a un axuste de contas. Varios veciños relacionan o suceso cunha trifulca na noite de San Xoán na que Jaime se viu involucrado. Non parece un ataque ao azar: o agresor ía preparado e actuou con determinación. Analízanse cámaras da zona, entre elas algunha instalada pola Policía Local.


Un veciño querido

Jaime era moi coñecido no barrio. Paseaba diariamente co seu can polas zonas verdes e algúns comentaban que vendía marisco a coñecidos. Describíano como unha persoa tranquila. A súa morte causou consternación: “Era moi pacífico”, repetían os veciños, aínda shockeados por ver o despliegue policial e o corpo tendido na acera dun barrio habitualmente tranquilo.
Este crime súmase a outros incidentes con arma branca rexistrados nos últimos anos, especialmente na zona de Labañou e arredores, o que fai que moitos se pregunten polo clima de inseguridade que se está a vivir nalgúns barrios koruñeses.
A investigación segue aberta e baixo secreto de sumario. De momento non hai detidos, pero a policía ten unha liña clara sobre o sospeitoso. Desde Koruña Rabuña, expresamos o noso pésame á familia e amigos de Jaime e esiximos que se esclareza canto antes este asasinato e que se poña fin a esta escalada de violencia que non merece a nosa cidade.
Koruña non pode converterse nun lugar onde a violencia sexa cada día maís corrente e os asesinatos cóntense mes a mes. En que cidade está converténdose Koruña? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???