Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

lunes, 29 de junio de 2026

Gastón, o tiburón máis koruñés, desaparece do Nautilus: feridas, vellez e un futuro incerto no Aquarium Finisterrae

 Koruña quedou un pouco máis baleira estes días. Non é polas rúas, nin polas obras, nin pola eterna morriña. É porque Gastón, o gran tiburón toro da sala Nautilus , xa non está no seu tanque de sempre. Os que se achegan ao Aquarium Finisterrae buscando ás simpáticas focas e ao hierático xigante de tres metros que leva 20 anos dando voltas lentas, atopan un baleiro que doe.

O acceso principal á Nautilus está pechado e hai que dar un rodeo. Dentro, centos de peixes seguen nadando, pero falta a estrela. Fontes do Aquarium a o xornal "El Ideal Gallego" confirman o que xa se rumoreaba: Gastón está en illamento. Sufriu varias feridas contra as rochas do tanque e retirárono para que non o molesten os compañeiros. Porque, por moi grande e imponente que sexa (120 quilos de puro músculo cartilaxinoso), o cheiro do sangue pode poñer nerviosos ata aos máis pequenos.Un abuelito con moitos coidadosO máis preocupante non son só as feridas. Gastón roza os 30 anos, o límite da esperanza de vida da súa especie en catividade. É, con moito, o peixe máis vello de todo o Aquarium. Os coidadores trátano como a un avó: con mimo, vixilancia constante e moita precaución. De momento segue no tanque de illamento, recuperándose. Esperan que volva en poucos días ou nunha semana, pero todo depende de como evolucione.
Gastón

Gastón chegou a Koruña en febreiro de 2006, procedente de Oceanópolis, en Brest (Francia). Capturado con só tres anos nas costas de Sudáfrica, medía entón 1,80 m e pesaba 50 kg. Pasou por problemas de convivencia alí (pelexas con outros tiburóns toro) e acabaron traéndoo á nosa cidade. Aquí adaptouse, medrou ata os tres metros e converteuse nunha lenda viva.
Buscando sustitutoO Aquarium non se engana. Mesmo se se recupera, a vida de Gastón está a chegar ao seu final natural. Por iso, xa están buscando un substituto á altura. Non valen musolas pintas pequenas; queren un exemplar grande que chame a atención e encha o tanque. Nos orzamentos deste ano hai unha partida de máis de 12.000 euros destinada á "adquisición dun novo tiburón". Non é só diñeiro: hai que atopar outro acuario que estea disposto a desprenderse dun.
A sala Nautilus sen Gastón é como o estadio de Riazor sen o Deportivo. Segue habendo espectáculo, pero falta o xogador que todos miran.
Esperemos que o vello tiburón se recupere e poida dar algunhas voltas máis. Mentres, desde Koruña Rabuña mandámoslle forzas a Gastón e aos coidadores que o tratan como a un máis da familia. A Koruña necesita ao seu tiburón. Volve pronto, amigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???