Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

lunes, 29 de junio de 2026

Nova dimisión de una concelleira socialista volve a facer recordar as denuncias de acoso a Inés Rey que deféndense con querellas

 Hai gobernos municipais que deixan pegada polas grandes transformacións da cidade. Outros serán lembrados polas obras, pola visión de futuro ou pola capacidade de unir equipos.

E logo está o mandato de Inés Rey, que cada vez semella máis marcado por outra palabra: conflito. Nos últimos anos María Pita converteuse nun escenario de dimisións, reorganizacións constantes, denuncias internas, acusacións de acoso laboral, enfrontamentos orgánicos dentro do propio PSOE e unha crecente sensación de que o Goberno municipal funciona baixo unha estrutura de poder extremadamente centralizada.

A última marcha, a da concelleira Noemí Díaz, chega envolta nunha discreción que alimenta máis preguntas ca respostas.

A nova dimisión e a concelleira de Mobilidade Nomeí Díaz. Estivo de baixa dúas semanas, reincorporouse e, ao pouco, decidiu pechar etapa. Na súa carta fala de “tempo de pechar esta etapa desde a reflexión e o convencemento persoal”. Volverá ao IES Eusebio da Guarda como profesora. O seu posto ocuparao Jesús Javier Celemín (o número 12 da lista) e a área de Mobilidade pasará a Montse Paz, actual concelleira de Seguridade. Inés Rey recibiu a noticia “con gran pena” e eloxiou o seu “compromiso incansable”. Palabras bonitas para tapar o que é evidente.

Noemí Díaz

Outra dimisión máis

Oficialmente, Noemí Díaz abandona o Goberno por "motivos persoais". É unha explicación lexítima.

Pero tamén é certo que chega despois de semanas de rumores, dunha baixa médica e cando falta menos dun ano para as eleccións municipais. E, sobre todo, non é un feito illado.

Juan Díaz xunto a Inés Rey y José Manuel Lage. Foto de El Ideal Gallego

Antes marchou Juan Díaz Villoslada, quen chegou a afirmar publicamente que existían diferenzas irreconciliables coa alcaldesa e co seu número dous, José Manuel Lage, e que se sentía completamente apartado da toma de decisións. Resulta difícil considerar que tantas baixas sexan unha simple casualidade.

Un poder cada vez máis concentrado

Ao longo destes anos, numerosos observadores políticos describiron un fenómeno evidente. Cada reorganización do Goberno foi concentrando máis capacidade de decisión arredor de dúas persoas: Inés Rey e José Manuel Lage.

A oposición leva tempo denunciando que Lage invade competencias doutros concelleiros e que practicamente ningunha decisión importante escapa ao seu control. 

O malestar interno no grupo socialista é un segredo a voces. Lage, o “dóberman de Outes”, é acusado de crear un ambiente tóxico co a súa forma de exercer su poder dentro e fora de seus dominios. A oposición leva meses denunciándoo en pleno. Unha fonte do propio goberno local sinala que “a actitude do portavoz afecta negativamente á labor de goberno, ás relacións persoais e ao persoal funcionario”.

Mesmo dentro do propio executivo municipal apareceron voces que, de maneira anónima, describen un ambiente de malestar crecente.

As denuncias que ninguén pode ignorar

O episodio máis grave chegou cando as exconcelleiras Esther Fontán e Eva Martínez Acón denunciaron por acoso laboral tanto á alcaldesa como ao seu tenente de alcaldesa.

Fontán chegou a relatar unha reunión que cualificou como unha auténtica "encerrona", na que asegurou ser acusada de deslealdade e incapacidade, sendo increpada sen apenas poder responder. Segundo a súa versión, ao día seguinte sufriu un grave episodio de ansiedade que obrigou ao seu traslado ao hospital.

Na carta remitida á dirección do PSOE denunciaba que, lonxe de mellorar a situación, a presión foi aumentando. Falaba de "broncas continuas", dun "baleirado de competencias" na súa concellería e mesmo de que persoas de confianza exercían como "espías" para informar sobre todo o que facía.

Pola súa banda, Eva Martínez Acón describía reunións marcadas, segundo a súa versión, por unha "actuación violenta", "abuso de poder" e "insultos", asegurando que foi sometida a unha presión incompatible cun funcionamento normal dun equipo de goberno.

As dúas exedís lamentaron posteriormente a falta de resposta do partido ás súas denuncias e advertiron de que podían aparecer máis testemuños, incluíndo, segundo afirmaban, os de persoal municipal.

O silencio cómplice de Ferraz e o hospital por ansiedade

As denuncias por acoso laboral interpostas polas exconcelleiras Esther Fontán e Eva Martínez Acón detallan un cadro de terror psicolóxico: encerronas, insultos, campañas de espionaxe interna mediante o persoal de confianza e un baleirado sistemático de competencias. O relato de Fontán, que acabou no hospital cun cadro de ansiedade grave tras ser increpada con mentiras pola alcaldesa e Lage, é espantoso.

¿A resposta do PSOE de Santos Cerdán e da executiva galega? Mirar para outro lado mentres o barco afunde, demostrando unha dobre vara de medir intolerable cando se lles chea a boca coa saúde mental e os contornos laborais seguros.

Os audios que alimentaron a polémica

A controversia aumentou cando un medio de comunicación fixo públicos varios audios gravados durante reunións internas.

Nun deles escóitase a Inés Rey elevar o ton de forma moi contundente mentres recrimina aos asistentes:

«¡Hay que poner el partido a disposición de la institución, cojones!»

Noutro dos fragmentos difundidos, José Manuel Lage golpea a mesa mentres afirma:

«Que se che meta na puta cabeza que quen lidera o partido na Coruña é Inés.»

A continuación engade:

«A rascabas. A dos manos.»

Estas gravacións foron incorporadas polas denunciantes como parte do contexto que, ao seu xuízo, acreditaría un estilo de dirección baseado na intimidación e na presión.

A versión da alcaldesa

Inés Rey rexeitou desde o primeiro momento todas estas acusacións. A alcaldesa asegurou publicamente que "non hai acoso laboral de ningún tipo", cualificou as denuncias de absolutamente falsas e atribuíunas a conflitos internos derivados da organización do partido e ao resentimento dalgunhas antigas compañeiras tras perder responsabilidades políticas.

Ata o momento non existe ningunha resolución xudicial que determine que existise acoso laboral, polo que os feitos continúan no ámbito das denuncias e das investigacións internas do partido.

O doberman de Outes ten que ser sacrificado por súa peligrosidade

En Koruña Rabuña hai tempo que bautizamos a José Manuel Lage cun alcume: "o dóberman de Outes". É unha metáfora política.

Non polo lugar onde naceu, senón pola imaxe de dureza que proxecta na súa maneira de actuar. Os propios audios coñecidos publicamente mostran un ton de enorme agresividade verbal impropio dunha organización que presume de diálogo e feminismo.

Independentemente das responsabilidades legais, resulta difícil entender que ese estilo de liderado contribúa a crear equipos cohesionados.

O PP non tardou en sinalar o evidente: a dimisión de “un dos pesos pesados” a menos dun ano das municipais reflicte a “descomposición interna dun goberno roto”. Falan de fin de ciclo, de poder concentrado nunha soa persoa e do ninguneo ao resto do equipo. O BNG foi máis cauto, pero pediu explicacións claras.Tamén Diana Cabanas, concelleira de Comercio, leva meses de baixa.

 Reestruturacións piramidais, cambios de carteiras (Díaz pasou de Medio Ambiente a Infraestruturas) e un ambiente de tensión permanente. Para substituír a Noemí Díaz, o Goberno recupera a Jesús Javier Celemín, relegado ao posto número 12 tras o seu polémico paso por Educación no mandato anterior. Cando o banquiño é tan curto que hai que tirar do que se descartou no pasado, o proxecto denota un preocupante esgotamento.

Mentres, Inés Rey négase todo, fala de “axustes de contas” e di que durme tranquila.. Insiste en entrar a traballar "cun sorriso" e acusa de "gentuza" e "resentidas" a quen levantan a voz, os sumidoiros do partido empezaron a supurar en forma de gravacións de audio publicadas na televisión. E o que se escoita non é precisamente diplomacia municipal; é puro matonismo orgánico. 

Desde Koruña Rabuña levamos tempo dicindo que algo non vai ben en María Pita. Non se trata de discrepancias políticas normais: trátase de xeito persoal, illamento, acoso e un estilo de liderado que parece máis propio dun cacique que dun goberno moderno. Os funcionarios, os concelleiros e, en definitiva, a cidadanía son os que pagan as consecuencias.Falta menos dun ano para as urnas. As grietas xa non se poden tapar con declaracións de “normalidade absoluta”. A xente de Koruña merece un goberno unido, transparente e sen medo a que os seus membros dimitan por non soportar o ambiente.

Cando os teus propios concelleiros refiren volver ao instituto a dar clases antes que pasar un día máis na túa xunta de Goberno, o problema no é a oposición nin a prensa: o problema telo dentro do teu propio despacho.O Pazo de María Pita está sumido nun réxime de terror interno e concentración de poder absoluto que triturou aos perfís máis válidos do grupo socialista.

Un Goberno que perde pezas

Cada nova marcha deixa unha impresión preocupante. Un Goberno sólido adoita conservar aos seus colaboradores.

Cando as dimisións se acumulan, cando antigos compañeiros acaban denunciando publicamente aos seus responsables e cando aparecen cada vez máis voces críticas desde dentro do propio partido, o problema deixa de parecer individual. Convértese nun problema de modelo.

A política do medo nunca constrúe grandes cidades

Toda organización necesita liderado. Pero liderar non é mandar. Liderar non consiste en concentrar todo o poder. Liderar tampouco significa converter aos colaboradores en simples executores sen capacidade de decisión.

As grandes cidades constrúense con confianza, coa suma de talentos e coa capacidade de escoitar. Cando o medo substitúe á confianza, os equipos acaban rompendo.

Cada vez quedan menos preguntas sen facer

Ninguén pode afirmar como verdade xudicial que existise acoso laboral. Iso corresponderalles, se chega o caso, ás instancias competentes.

Pero tampouco se pode ignorar unha sucesión de feitos que xa forman parte da historia política recente de María Pita: dimisións, denuncias, audios, cartas remitidas ao partido, acusacións públicas e un crecente malestar interno. Demasiadas pezas dun mesmo crebacabezas para despachalas todas como simples casualidades.

Porque ás veces o verdadeiro problema dun goberno non é o que di a oposición. É o que acaban dicindo, un tras outro, quen compartiron mesa no Consello de Goberno.

 Cando a mellor defensa é unha querella de acosadora pasando por ser a acosada

Para entender por que as concelleiras prefiren fuxir de María Pita antes de que remate o mandato, hai que mirar como se as gastan no piso de arriba cando alguén osa romper a omertá municipal. A última estratexia de Inés Rey é de manual: denunciar aos que a acusan de acosar.

A alcaldesa levou aos tribunais ao voceiro do PP, Miguel Lorenzo, por verbalizar o que na praza xa era un clamor avalado polos sindicatos: o presunto amedrentamento a varias funcionarias de Urbanismo. O pecado das traballadoras? Cumprir co seu deber e enviarlle á Fiscalía a documentación que solicitara sobre as polémicas (e despois arquivadas) obras do piso de propiedade de José Manuel Lage Tuñas.

Ante isto, Lorenzo dixo o que moitos pensan en voz baixa: que hai funcionarios amedrentados. A resposta de Inés Rey? Chamalo por teléfono “en ton forte e alzando a voz” e, ao non retractarse, presentar papeleta de conciliación e ameazar con querela.Lorenzo non se acobarda: “Non me vou calar. Non me van intimidar. Vou ao xuízo e vou ratificarme”. E recorda que non é a primeira vez que se denuncian estas prácticas.

Os populares falan de “intimidación”, “zozobra” e “miedo”, e din que os traballadores tiveron que asinar compromisos de confidencialidade.

Un "terceiro grao" con estilo cinematográfico

O guión que Lorenzo promete ratificar ante o xuíz —porque se negou en redondo a retractarse ou a pedirlle desculpas á alcaldesa— parece saído dunha película de espías de serie B, pero pagada cos cartos de todos os koruñeses:

  • O comando vacacional: Segundo denunciou o PP, unha das funcionarias afectadas estaba a máis de 100 quilómetros da Coruña desfrutando das súas vacacións. Pois ben, o Concello enviou un coche oficial de urxencia para traela de volta ao Palacio Municipal.

  • Seis contra unha: Ao chegar, sentárona nunha mesa fronte a seis persoas, incluídas a propia Inés Rey e Lage Tuñas, para interrogala sobre os papeis enviados á Xustiza e facerlle asinar un "compromiso de confidencialidad" (ou o que é o mesmo, unha mordaza).

  • Outros tiveron que anular actos oficiais (como tribunais de oposición) para comparecer.
  • Foron obrigados a asinar compromisos de confidencialidade. A CIG saíu publicamente en defensa das traballadoras, falando de “represalias” e “actitudes represivas” por parte deste goberno.

A alcaldesa berra que todo isto é "radicalmente mentira", "bulos, fango e lixo mediático".  Sabe ben  o papel que ten que seguir a imaxen e semaxanza de seu amado líder. Inés Rey presentou unha papeleta de conciliación contra Lorenzo. Ao non haber acordo, o asunto camiña cara a querella. Lorenzo, pola súa banda, mantén que non se retractará e que está disposto a ratificar as súas declaracións en xuízo, onde di que presentará probas testificales e documentais.

O problema é que a sección sindical da CIG xa enviara un correo interno aos traballadores amosando a súa solidariedade coas empregadas de Urbanismo ante o que cualificaron de "actitude de represalias por cumprir co seu deber", lembrando que non é a primeira vez que teñen que saír a denunciar as "actitudes represivas deste Goberno local".

Mentres tanto, dende o BNG mostrando un gran cinismo ante o enfrentamento entre seus socios e a oposición, sua portavoz, Avia Veira asiste ao espectáculo cualificando a situación como unha dinámica máis propia de Sálvame Deluxe ou da revista Hola. Unha "política de cotilleo e lamazal" que, segundo os nacionalistas, só serve para aumentar a desafección da cidadanía.

Moralexa: querelas cruzadas cos xefes da oposición, audios filtrados cun ton tabernario, funcionarias interrogadas en despachos e concelleiras que foxen en desbandada alegando "motivos persoais". Inés Rey repite unha e outra vez que dorme tranquila e que entra a traballar cun sorriso. O que non sabemos é canto lle vai durar a risa aos koruñeses mentres ven como o goberno da súa cidade se decide nos xulgados de Garda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???