Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

martes, 28 de julio de 2026

O 'viaxe' da cruz de San André: da pedra do século XIII á nova 'pel' do Dépor

 Se hai un símbolo que está a dar que falar nestas últimas semanas en Koruña, ese é a cruz de San André. O Deportivo vén de desvelar a súa terceira equipación para a nova tempada, asinada por Nike, que homenaxea a Galicia recuperando este elemento histórico. A camiseta conecta de cheo co pasado máis mariñeiro da cidade, xa que esta aspa foi o emblema do antigo Gremio de Mareantes e, dende 1845, o elemento central da provincia marítima koruñesa.

Pero, onde está a representación máis antiga desta cruz que se conserva na cidade? Pois, aínda que moita xente pasa por diante sen decatarse, atópase incrustada no paseo do Parrote. (artículo basado en el publicado por El Ideal Gallego). 


Unha historia de pescadores, piratas e un mecenas

A historia vén de lonxe. A orixinal capela de San André era un "templo neo-románico do século XIII", como ben recolleu o xornalista Ángel Padín no seu libro sobre o Gremio de Mareantes. Era o lugar onde os mariñeiros locais honraban ao seu patrón.

Arquivoltdas de San André Foto de El Ideal Gallego. 

Aquel templo sufriu mil batallas:

  • En 1589, o pirata Francis Drake arrasou coa Pescadería e destruíu a capela.

  • Foi reconstruída, pero a finais do século XVII o gremio entrou en decadencia e a capela rematou en ruínas.

  • A finais do século XIX, os mariñeiros acadaron un acordo co mecenas Eusebio da Guarda: el pagaría a reconstrución a cambio de ser enterrado no altar maior xunto á súa esposa (onde aínda descansan).

Cruces de San Andrés na Capilla de San André. Foto de El Ideal Gallego. 

O arquitecto Faustino Domínguez Coumes-Gay (autor do Instituto da Guarda ou do Teatro Rosalía) deseñou o novo templo. Tras varios preitos e discusións entre o Gremio e o Arzobispado, a nova capela inaugurouse en 1890 na rúa San André (onde hoxe segue en pé).

Da muralla do Parrote á Torre de Marathon

No edificio actual da rúa San André xa non hai ningunha cruz do patrón. Onde quedou a orixinal?

Nos anos 50 do século pasado, a portada orixinal do século XIII foi trasladada e incrustada na muralla defensiva do paseo do Parrote, onde hoxe serve como un dos accesos ao Arquivo do Reino de Galicia. Se vos fixades ben nunha das súas arquivoltas de pedra, alí están esculpidas unha serie de cruces de San André con máis de 700 anos de historia.

Por se fose pouco, a cruz de San André xa tiña vínculo co deportivismo: formaba parte da balaustrada do vello estadio de Riazor inaugurado en 1944. Hoxe aínda se poden ver varias destas cruces de pedra a modo de varanda na base da Torre de Marathon.

Debate político: Banza de Koruña ou cortina de fumu?

A camiseta do Dépor chega xusto no medio dun curioso debate político. A alcaldesa Inés Rey propuxo recentemente nas súas redes converter a cruz de San André na nova bandeira oficial de Koruña (argumentando o seu papel na orixe da bandeira galega).

Inés Rey ca nova bandeira proposta

A idea non estivo exenta de polémica:

  • Desde a oposición tildárono de "cortina de fumu".

  • O exalcalde Paco Vázquez respondeu contundente: "A Coruña xa ten bandeira", en referencia ao pendón morado co escudo da cidade.

Tercera equipación do Dépor 

Sexa como for, nin Inés Rey sabía os plans do Dépor, nin o Dépor os de Inés Rey. O club branquiazul leva traballando o deseño con Nike dende finais do ano pasado, mentres que a rexedora sacou a proposta tras un informe dos seus asesores. Coincidencia ou non, o certo é que a cruz de San André pasou en récord da pedra do século XIII ás rúas de Koruña vestindo a afección deportivista no XXI.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???