Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

lunes, 17 de agosto de 2026

Volvemos onde merecemos: Riazor veste de gala (e de laranxa) para a estrea na Élite

 Oito anos de penitencia, de caer e erguerse, chegan hoxe ao seu fin. O Deportivo regresa a Primera División co Elche como primeiro obstáculo dun camiño longo, ilusionante e de moito picar pedra.

Chegou o día. Despois de oito anos de agarda, de tragar veneno e de percorrer o deserto do fútbol español, Riazor volta a ser de Primera. Hoxe non é un partido máis: é o reestrea do Dépor na máxima categoría do fútbol estatal. Quedan 38 batallas por diante e a primeira proba de lume será contra o Elche no noso templo, ese escenario que sabe mellor ca ninguén o que é sufrir pero tamén celebrar.


O discurso desde a zona noble é claro e sen adornos: a prioridade absoluta é a permanencia. Como ben dixo Fernando Soriano hai uns días, toca asentar o proxecto e abrazar o sufrimento nunha liga longa e competitiva. Todo o que veña despois da salvación, benvido sexa, pero a cabeza ten que estar ben asentada no chan.

Posible once titular según DXT Campeón. 

O rival: un Elche en reconstrución da man de Martín Anselmi

Enfronte estará un Elche que chega ao debut en pleno proceso de reestruturación. Tras a saída de Eder Sarabia e a marcha de pezas clave como Aleix Febas (agora no Celta) e os seus tres dous punteiros —unha sangría de 25 goles entre Rafa Mir, André da Silva e Álvaro Rodríguez—, o conxunto ilicitano busca manter a súa esencia pero cambiando de cara.

O seu novo técnico, o arxentino Martín Anselmi, chega ao Martínez Valero tras o seu paso polo Porto para liderar este lavado de cara:

  • Misma filosofía, novas pezas: Anselmi aposta por un fútbol valente e dominador ("Quero a pelota xa", declarou), aínda que este Elche apunta a ser menos directo e máis asociativo pola falta de efectivos arriba, onde Fer Niño queda como único '9' puro a falta de máis fichaxes.

  • Caras novas a seguir: o cadro franjiverde reforzouse co arxentino Facu Buonanotte como enganche e o chileno Lucas Cepeda, co obxectivo de nutrir o xogo interior do que xa prevén Hidalgo.

  • Un equipo sen pechar: o mercado aínda está aberto e o Elche chega a Koruña pendente de pechar varios reforzos no ataque e na defensa, polo que os de Hidalgo poderán intentar facerlle dano nas transicións e ao contragolpe.

O rompecabezas de Hidalgo na banda esquerda

No deportivo, Antonio Hidalgo afronta o seu primer duelo cun auténtico quebracabezas no once. A boa noticia é que David Mella chégalle a tempo ao técnico de Granollers e estará listo para desatar a ilusión na bancada. Sen embargo, o parte médico deixa a zona de ataque e os carrís coas xustas:

  • Baixas confirmadas: Noé Carrillo é baixa por un esguince de nocello sufrido ante o Real Madrid.

  • Dúbidas en ataque: Yeremay (sen xogar desde a noite do ascenso en Valladolid o pasado 23 de maio) e Jonathan Asp Jensen chegan sen rodaxe nas bandas.

  • O carril esquerdo: sen Altimira nin extremos puros pola esquerda, a profundidade dependerá do carrilero: ¿o talento de Angeliño (aínda falto de chispa) ou a enerxía de Giacomo Quagliata?

Protesta en Marathón Inferior: Riazor vivirá un ambiente estraño

Pero non nos enganemos: o ambiente na bancada non será o de festa completa que todos soñabamos para un día como hoxe. A brecha social provocada polas medidas do club en Marathón Inferior segue sen cicatrizar.

Desde Riazor Blues, Old Faces e a Federación de Peñas chamouse a acudir ao estadio con roupa laranxa como protesta. O máis preocupante, tal e como se comprobou no Teresa Herrera, será o paro na animación. Riazor sempre foi ese xogador número 12 capaz de empurrar o equipo en momentos críticos, e hoxe haberá que ver como afecta ao terreo de xogo un estadio en tensión coa directiva.

Unha estatística para romper o xeo

Para quen se agarre aos números, os precedentes ante o conxunto ilicitano traen datos curiosos:

  • É a 13ª vez que ambos equipos se ven as caras na máxima categoría (o Elche domina con 6 victorias fronte a 4 do Dépor).

  • A maldición do Elche no debut: o conxunto visitante leva 12 temporadas consecutivas sen gañar no seu debut en Primera. De feito, hai que viaxar 53 anos atrás (1973) para atopar unha victoria ilicitana na primeira xornada na élite.

  • A derradeira vez que enfrentáronse os dous equipos o Elche gañou por 0 a 4 a o Dépor. Foi o último partido da temporada 24-25 e deixaba a o Elche en primeira despois de un partido impropio de un clube como o Dépor. 

Guía rápida do partido: horario e onde velo gratis na TV

Para os que non teñan a sorte de ter entrada ou abono en Riazor, a boa noticia é que o regreso á máxima categoría poderase seguir sen rascar o bolso:

  • Partido: RC Deportivo vs. Elche CF (Xornada 1 - LaLiga EA Sports)

  • Data e hora: Luns, 17 de agosto de 2026, ás 21:00 horas.

  • Estadio: Abanca-Riazor.

  • Onde velo por TV e Online: o encontro emitirase en directo e de balde a través de DAZN, ao ser o partido en aberto desta primeira xornada. Para velo por televisión ou dispositivo móbil só fará falta estar rexistrado (sen necesidade de pagar subscrición de pago).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???